TEMAS 11-12-13. A GUERRA FRÍA E A DESCOLONIZACIÓN. O MUNDO ENTRE 1945 E 1990: “Tu cara me suena”

Aquí tes unha serie de “caretos” de personaxes históricos relacionados coa Guerra Fría ou a Descolonización. Moitos deles están no libro (L) ou no vocabulario histórico da web. Coas pistas correspondentes, deberás adiviñar quen son.  Ademais de identificalos, deberás indicar os seguintes datos:

-Incluír as datas de nacemento e morte (no seu caso)

-Resumir a importancia de dito personaxe nun par de liñas.

-Anotar un par de citas ou frases célebres do personaxe en cuestión.

Non olvides enviar as túas respostas a : afachadoestevez@gmail.com

Personaxe

1. Personaxe ” de libro”….

2.

2. Pista:  o padriño político de Vladimir Putin….

3.

3. Salta ao tema 14…..

4.

4. Libro….

5.

5. Pista: o presidente dos “charlies” durante a Guerra do Vietnam…

6.

6. Libro…..

7.

7. Libro…….

8.

8. Libro…..

9.

9. Pista: foi vicepresidente con Roosevelt…

10.

10. Libro (pista: foi xefe guerrilleiro durante a IIGM e logo presidente dun país que non existe xa en Europa)…..

11.

11. Libro (cun aspecto máis xuvenil no texto)…..

12.

12. Pista: político hindú…..

13.

13.  Libro…..

14.

14. Libro (pista: SPD)……

15.

15. Cuspidiño no teu libro…..

16.

16. Varios carteis do teu libro….

17.

17. Pista: ditador latinoamericano….

18.

18. Libro…..

19.

19. Libro…..

20.

20.  Pista: falamos del na IIGM….

21.

21. Pista: o seu fillo tamén foi presidente….

22.

22. 100% libro…..

23.

23. Pista: falamos del na IIGM….

24.

24. Busca ben no libro, que con esas cellas de ogro…….

25.

25.  100% no teu libro…..

26.

26.  Libro…..

27.

27. Libro (aparece dúas veces)……

28.

28. Máis avelletendado e xa xubilado….

29.

29. Libro…..

30.

30. Libro…..

31.

31.  Pista: presidiu a RDA…..

Publicado en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA | Deixar un comentario

TEMAS 11-12-13. A GUERRA FRÍA E A DESCOLONIZACIÓN. O MUNDO ENTRE 1945 E 1990: “Comentario e análise da Doutrina Truman”

Aprendo a comentar un texto histórico: “A Doutrina Truman”

Para comentar un texto histórico hai que seguir un patrón ou método, cuns apartados determinados.

Como recomendacións xerais, recorda que:

  • É interesante que anotes ou subliñes no momento de ler todo tipo de información básica que che axude a facer o comentario. Tamén podes anotar o que consideres de interese nas marxes do documento.
  • Tamén é recomendable que numeres as liñas ou párrafos do documento: non se debe repetir as palabras do texto, senón comprendelas, analizalas e referirte a elas (“este principio ou idea está recollido na liña 6….no segundo parágrafo reflíctese a cuestión de….”).
  • Podes facer un breve esquema antes de empezar o comentario, para ter claras as ideas a desenvolver.

Feitos estes preliminares, xa podemos proceder aos pasos básicos do comentario de texto histórico:

  1. Breve introducción (unhas poucas liñas), a modo de presentación xeral do que vas comentar e así facilitarche a tarefa de empezar a redactar.
  2. Natureza do texto segundo a forma (informativos como crónicas, noticias, manifestos, informes, tratados; narrativos, como os relatos, as memorias, as autobiografías; e xurídicos, como as leis, constitucións, decretos ou tratados internacionais), segundo o contido (político, económico, cultural, social, bélico….), e segundo a súa orixe (fontes primarias: documentos coetáneos, da época; fontes secundarias: textos que analizan un acontecemento con posterioridade a que este se producise).
  3. Falar do autor (explicar a importancia histórica do mesmo e a quen se dirixe o mesmo no documento) e do momento histórico (contexto no que xurde ou se redactou o documento)
  4. Análise do texto: trátase de desenvolver unha redacción na que debes indicar os antecedentes ou factores do feito histórico correspondente, o momento histórico no que se sitúa e a importancia do mesmo, a idea principal (o obxectivo central do documento) e as ideas secundarias, así como explicar as institucións, personaxes ou feitos concretos que inclúa o texto.
  5. Conclusión. Aquí facemos un pequeño resumo da influencia do texto e do seu autor na sociedade da época ou na súa evolución posterior, sen divagar nos feitos posteriores que non se axusten ao contexto do documento.

O Documento a comentar:

“En la presente etapa de la historia mundial, casi todas las naciones deben optar entre modos alternativos de vida. Con frecuencia, la decisión no es libre […]. Uno de dichos modos de vida se basa en la voluntad de la mayoría y se distingue por la existencia de instituciones libres, un gobierno representativo, elecciones limpias, garantías a la libertad individual, libertad de palabra y religión y el derecho a vivir libres de opresión política. El otro se basa en la voluntad de una minoría impuesta mediante la fuerza a la mayoría. Descansa en el terror y la opresión, en una prensa y una radio controladas, en las elecciones fraudulentas y en la supresión de las libertades individuales […]. Ayudando a las naciones libres e independientes a conservar su independencia, EE.UU. habrá de poner en práctica los principios de la Carta de las Naciones Unidas.”

Discurso de Truman en el Congreso de EE.UU., 1947

Proposta solucionada a xeito de orientación:

-Introducción:

Dende o remate da II Guerra Mundial en 1945 ata 1991, o mundo vivíu nunha situación internacional chamada Guerra Fría. Esta se caracterizou por consistir nun sistema baseado no enfrontamento entre dous bloques antagónicos de Estados que se agrupaban en torno ás dúas grandes superpotenticas, os Estados Unidos e a Unión Soviética. A radical oposición entre os seus sistemas económicos, sociais e políticos clasificou dentro das súas respectivas esferas de influencia a un gran número de nación por medio de múltiples alianzas e dependencias, de forma que as grandes preocupacións en política internacional xiraron durante case medio século en torno a ese sistema bipolar.

-Natureza do texto:

Trátase dun texto público e informativo (discurso do presidente Truman no Congreso estadounidense para marcar a política exterior fronte ao bloque soviético), de contido político, e clasifícase como fonte primaria e coetánea, tendo como contexto o inicio da Guerra Fría, cando as relacións entre soviéticos e norteamericanos xa prácticamente deixaran atrás a colaboración e axuda durante a pasada guerra mundial.

-Importancia do autor:

Harry S. Truman foi un político norteamericano, membro do Partido Demócrata. Vicepresidente de F.D. Roosevelt, sucedeu a este como presidente estadounidense no tramo final da IIGM (aprobando o lanzamento das dúas bombas atómicas e participando na Conferencia de Postdam de 1945). Presidíu o país ata 1952, gobernando nos primeiros anos da guerra fría, polo que contribuíu a posta en marcha do Plan Marshall, á creación da OTAN e a unha decidida postura contra o bloque soviético (Doutrina Truman, o presente documento) para deter o avance mundial do comunismo.

-Análise do texto:

Rematada a IIGM, a esperanza dunha paz asentada sobre bases sólidas quedou truncada polo antagonismo entre a URSS e os EE.UU, disfrazado trala circunstancial alianza bélica, pero que xa aflorara dende 1943. Dúas series de causas explican, entre outras, esta situación de enfrontamento:

-A fundamental diferenciación nas ideoloxías político-sociais: para a URSS e os países onde se instaurou un réxime comunista (as chamadas Repúblicas Democráticas), o camiño cara a sociedade comunista, rexeitaba o modelo capitalista e defendía un modelo de Estado que subordinaba a liberdade individual á consecución dunha sociedade igualitaria e xusta. No eido económico, o modelo a seguir era o da economía planificada de corte soviético. Polo contrario, os EE.UU e os países occidentais insistían no valor fundamental da liberdade individual, importando máis as garantías políticas que a estrutura social.

-A esta inicial oposición engadiuse trala guerra un novo feito: a concentración de poder nas mans dos dous grandes, proceso paralelo á perda de categoría de primeiras potencias que sofren Italia, Alemaña, Xapón, Gran Bretaña e Francia. En 1945 EE.UU partía cunha vantaxe fundamental: menores danos sufridos no conflito, posesión da arma atómica, unha poderosa economía e unhas poderosas forzas armadas. A URSS superou o seu retraso inicial cun enorme esforzó por conseguir un gran potencial militar a costa do consumo, estando pronto en condicións de equilibrar o seu armamento atómico co norteamericano e incluso, superar a este en proxectís intercontinentais.

As consecuencias deste radical antagonismo foron fundamentais: por unha banda, o conflito Leste-Oeste adoptou a forma de “equilibro do terror”, establecido sobre a convicción de que un ataque ao adversario provocaría unha reacción que destruiría por completo ao atacante; por outra banda, a formación de dous sistemas de alianzas ou bloques arredor dos grandes nunha integración de sometemento (satelización) de carácter económico (Plan Marshall versus COMECON) e militar (OTAN versus Pacto de Varsovia), cuxo fundamental fronte de contacto dividíu Europa ata 1991.

A Guerra Fría pasou por varias etapas, encadrándose o presente documento na primeira fase de enfrontamento directo (1947-53): conflitos bélicos en países periféricos, radicalización das posturas político-ideolóxicas e reforzamento político-estratéxico de ambos bloques.

A Doutrina Truman constitúe unha manifesta declaración por parte americana da “guerra fría”, que a partir de entón comeza a instalarse nas relación coa Unión Soviética. 1947 representa un momento crucial para as relacións internacionais de posguerra e a política de bloques. Nese momento concrétase con claridade a oposición de intereses da URSS e dos EE.UU, ata pouco tempo atrás aliados circunstanciales contra o Eixe na guerra mundial. Apréciase no documento como se formula a división do mundo en dous bloques antagónicos (“Uno de dichos modos de vida se basa en la voluntad de la mayoría y se distingue por la existencia de instituciones libres, un gobierno representativo, elecciones limpias, garantías a la libertad individual, libertad de palabra y religión y el derecho a vivir libres de opresión política. El otro se basa en la voluntad de una minoría impuesta mediante la fuerza a la mayoría. Descansa en el terror y la opresión, en una prensa y una radio controladas, en las elecciones fraudulentas y en la supresión de las libertades individuales”). A Doutrina Truman é un perfecto exemplo da guerra ideolóxica entre os dous bloques, un documento que busca xustificar a política e obxectivos do bloque occidental, botando man do maniqueísmo e da descalificación total do adversario, así como exaltando as bondades do propio sistema (liberdades e dereitos, democracia), fronte á opresión e a tiranía do bloque soviético.

Dous bloques que a partir dese momento non só están opostos senón que se irán distanciando nos seus modelos económico, político-estratéxico e político-ideolóxico. Truman asume o liderazgo do chamado Mundo Libre e por iso defende a idea da contención estratéxico-política dun comunismo en expansión. Fronte á política de apaciguamento do presidente Roosevelt nos últimos anos da IIGM en relación aos soviéticos, apréciase no texto unha clara chamada a unha política de contención, baseada no medo a que a URSS exportara a revolución comunista ao resto do planeta. A política de contención, esencialmente defensiva, baseouse en tres eixes fundamentais: a propia Doutrina Truman en marzo de 1947, as declaracións do conselleiro de Truman Dean Acheson en maio do mesmo ano e o chamado Plan Marshall de xuño tamén do 47 (a axuda económica aos países occidentais europeos para a súa reconstrucción trala guerra e fortalecemento dos mesmos ante a ameaza do comunismo).

O documento presente, pois, representa unha clara defensa dos valores do bloque capitalista, representantes da democracia parlamentaria e aliados dos norteamericanos, fronte ao risco dun mundo dirixido polo comunismo soviético. A política norteamericana non se quedou na teoría, xa que o presidente Truman decidiría neses mesmos anos intevir na guerra civil grega (apoiando ao goberno pro-occidental fronte á guerrilla comunista) e axudar ao goberno turco fronte ás presións soviéticas.

Foron, pois, os problemas europeos os que suscitaron a nova estratexia da Doutrina Truman. En resposta á intervención norteamericana e a súa clara postura de enfrontamento, a Unión Soviética acelerou a homoxeneización política (satelización) do resto dos países de Europa oriental, establecemento de gobernos comunistas naqueles ou o bloqueo de Berlín en 1948.

A decidida actuación dos Estados Unidos como defensora da “independencia dos pobos libres” levaría, pola súa banda, á creación da OTAN en 1949 e a creación doutras alianzas militares en Asia e Próximo Oriente nos vindeiros anos. Europa quedaba así “neutralizada” polo equilibro do terror, mentres que unha serie de conflitos bélicos “controlados”, sobre todo en Asia, servirían como válvulas de escape da tensión militar provocada pola guerra fría, a través dunha serie de “guerras quentes” localizadas, como o apoio norteamericano a Chiang Kai-Chek contra os comunistas chinos de Mao (1949), a guerra de Corea (1950-53) ou a posterior Guerra do Vietnam.

-Conclusión:

O enfrontamento representado polo presente documento é de tipo político-ideolóxico. A agresividade do goberno Truman na súa política exterior só queda atemperada no texto pola referencia ao final ao cumplimento dos principios marcados pola ONU (institución creada en 1945). Polo demais, a Doutrina Truman pasaría a ser unha cruzada anticomunista a nivel mundial, contestada tamén a nivel ideolóxico dende o campo soviético pola chamada Doutrina Jdánov, que denunciou a agresividade do “mundo imperialista” do bloque rival polas mesmas datas. O anticomunismo do goberno Truman tamén derivou nunha dura represión ou “caza de bruxas” nos mesmos EE.UU a partir de 1949 (o mcarthysmo).

Polo tanto, un texto que é unha clara testemuña da polarización do mundo nos inicios da Guerra Fría. A través dunha oposición aparentemente ideolóxica, agochábanse inteseses estratéxicos (política de contención) e económicos (o mencionado Plan Marshall), nunha dinámica de acción-reacción, na que cada intento de fortalecemento dun dos bloques era respondido polo outro con accións ou xestos semellantes, descalificando ao adversario para xustificar o sometemento do resto dos países ás esferas de influencia das dúas superpotencias.

Publicado en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA | Deixar un comentario

TEMAS 11-12-13: Orientacións e consellos para preparar o exame

Recorda que os contidos a estudar para o exame correspóndense cos temas e contidos relativos á Guerra Fría e á descolonización (temas 11, 12 e 13 do teu libro de texto)

A proba escrita), consiste nos seguintes apartados:

1.Definición de conceptos históricos (Telón de Aceiro,  OTAN, Conferencia de Bandung, Plan Marshall, Perestroika….) e de personaxes históricos (Harry Truman, Gandhi, Mao Zedong,  J.F. Kennedy, “Che” Guevara, Jomeini, Gorbachov….). Abalarmoas1a.

2.Preguntas  curtas e respostas curtas (preparar a partir das actividades de clase, abalarmoas1a). Unha das cuestións estará relacionada coas películas de tema histórico vistas na clase.

3.Desenvolvemento dun tema concreto (“Guerra Fría e bipolarización”, p.  312-315 ou  “Factores da descolonización”, p. 376-379)

4.Un comentario dun documento histórico traballado na clase (“A Doutrina Truman” p. 316 ou o mapa da descolonización)

5.Identificación de documentos gráficos (carteis, fotogramas, caricaturas, fotos históricas)

Publicado en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA | Deixar un comentario

TEMAS 11-12-13. A GUERRA FRÍA E A DESCOLONIZACIÓN. O MUNDO ENTRE 1945 E 1990 (Para saber máis do tema)

Feitos e fenómenos relacionados co vivido no Mundo entre 1945 e 1990:

-A Guerra de Corea (1950-53), que dividiu a Península Coreana en dous Estados, situación que se mantén aínda na actualidade.

-A Guerra do Vietnam, un dos conflitos máis longos e coñecidos da Guerra Fría, e unha das principais derrotas militares estadounidenses.

-As dúas Alemañas (a RFA e a RDA) e o Muro de Berlín, o símbolo máis coñecido do Telón de Aceiro.

-A expionaxe e os servizos secretos durante a Guerra Fría.

-A carreira espacial entre a URSS e os EE.UU durante a Guerra Fría.

-O conflito árabe-israelí, un dos problemas máis agudos do mundo actual e todavía sen resolver.

-Os cambios culturais que tiveron lugar entre a xuventude occidental na segunda metade do século XX: a música, a moda, os costumes, a estética….

Comics e novelas sobre a Guerra Fría:

2yuyuf8

9788497595124

espia

small

kgb

Blake14-full;init_

9788498475562

budapest

01202121401_g

Películas e series televisivas sobre a Guerra Fría:

uno-dos-tres

479923_10151387157929548_942916527_n

trece-dias-13-dias

3991415_309_412_c_tn

Que vienen los rusos

Punto-de-mira

latapadera_frontal

lacartadelkremlinak6

tercer-hombre

Un escritor norteamericano, Holly Martins,  chega a Viena trala IIGM, cando a capital austríaca estaba dividida en catro sectores, chamado por un vello amigo, Harry Lime (Orson Welles), quen lle promete traballo. Pero Holly atópase á súa chegada con que Harry acaba de ser enterrado…..  unha turbia historia sobre o mercado negro, o contrabando, a espionaxe e os intereses das grandes potencias nos primeiros momentos da Guerra Fría.

imagesCAA0ZS5A

4p2

el-caso-farewell-original

mensajero-1

Tamén coñecida como “El mensajero de Manchuria”. Unha historia moi orixinal sobre un grupo de soldados americanos feitos prisioneiros durante a Guerra Fría e sometidos a un lavado de cerebro por parte dos comunistas para levar a cabo un asasinato político en EE.UU. Posteriormente, fíxose un remake (“El embajador del miedo”), protagonizado por Denzel Washington, envolto nunha trama política ambientada na actualidade.

el-buen-pastor

el-topo-cartel-1

EL_BUEN_ALEMAN_-_The_Good_German_-_2006

divxonline_info_cortinarasgada

la-vida-de-los-otros

archivos_imagene

1303450

205

images (4)

Rojo

resizer

the-americans

good-bye-lenin

Sobre a Guerra de Corea (1950-1953):

lazos_de_guerra

Sobre a Guerra do Vietnam (1945-75) e os outros conflitos de Indochina:

apocalipsis-now-poster

corazonesDeHierro

2

Good_Morning,_Vietnam

146

1883442

el-cielo-y-la-tierra

Platoon-597425955-large

3740932

Sobre a invasión soviética de Afganistán:

20060217195158-thebeastpost

rambo3poster

Novelas e comics sobre a descolonización:

Esta-noche-la-libertad-i1n2162727

64

libroelamante

01203439401_g

Películas e series televisivas sobre a Descolonización:

descarga

3700259804752

84317972021932

Patrice Lumumba...film

Publicado en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA | Deixar un comentario

TEMA 9: “Actividades de repaso sobre a antiga Grecia”

Consultando o teu libro de texto, deberás contestar estas cuestións e entregalas nun prazo dunha semana (por escrito ou enviándoas a: afachadoestevez@gmail.com):

  1. Define os termos Hélade, polis, ágora, oligárquico e guerras médicas.
  2. Aínda que pareza mentira, en pleno século XXI aínda existen algunhas cidades-Estado (os países máis pequenos). Cales son os máis coñecidos?
  3. Como se organizaba a antiga sociedade grega?
  4. Que elementos tiñan en común os antigos gregos, aínda que viviran en distintos territorios e continentes?
  5. Observa o mapa da colonización grega da páxina 175. fíxate nas cidades fundadas polos gregos, como Masalia, Nicea, Emporion, Neápole ou Bizancio. Estas cidades seguen existindo hoxe….pero cal é o seu nome actual?
  6. Que sistemas de goberno foron os característicos de Atenas e de Esparta?  Cal é a súa diferencia principal?
  7. Define: democracia, asemblea, ostracismo
  8. Que diferenzas existían entre a democracia ateniense e a democracia actual?
  9. Esparta deixou na cultura popular expresións como “disciplina espartana” oumensaxe lacónica ou laconismo”. Busca o significado delas.
  10. Cales foron as principais batallas das chamadas guerras médicas?  En cal delas morreu o coñecido rei Leónidas, “o león de Esparta”?  Que era un hoplita?
  11. Que actuacións fixo Pericles en Atenas durante o seu gobernoCres que a actuación dos atenienses durante a súa hexemonía foi totalmente axeitado?
  12. Que cidades foron as grandes rivais nas guerras do Peloponeso?  De quen foi a vitoria?  Quen saíu a longo prazo beneficiado deste conflito e por que?
  13. Define falanxe e helenismo.
  14. Compara o mapa do imperio de Alexandre o Magno (páxina 181) cun mapa político actual. Indica que países actuais formaron parte de dito imperio.
  15. Cales eran as pincipais divindades gregas?  Que características principais posuían?
  16. Que era un oráculo?  Quen era Caronte?
  17. Cita o nome, alomenos, de dous filósofos, dous dramaturgos, dous poetas e dous historiadores da antiga Grecia.
  18. En que campos da ciencia destacaron os antigos gregos?
  19. Dos nomes das divindades gregas derivan moitos termos  e expresións empregados nas linguas románicas (por exemplo, de Afrodita, afrodisíaco). Indica termos derivados de Hermes, Caos, Apolo, Hércules….así como expresións ou feitos relacionados con personaxes da cultura grega (por exemplo, síndrome de Edipo)
  20. Debuxa no teu caderno os tres capiteis da páxina 191, indicando a que ordes arquitectónicas corresponden, e indicando as súas características ou elementos representativos.
  21. Cal era a función principal do templo grego?. Pon exemplos de templos gregos moi coñecidos.
  22. Anota os nomes de escultura gregas que sexan moi coñecidas. Compara a escultura grega coa exipcia. Cales son as principais diferenzas?
Publicado en 1º ESO CIENCIAS SOCIAIS | Deixar un comentario

TEMA 9: “Orientacións e consellos para preparar o exame da Grecia antiga”

Recorda que os contidos a estudar para o exame correspóndense co Tema 9 do teu libro de texto.

A proba escrita consiste nos seguintes apartados:

  1. Definición de conceptos (están no teu libro ou foron traballados na clase): canon, vulto redondo, orde arquitectónica, frontón, Hélade, polis, ágora, guerras médicas, helenismo, hoplita…..
  2. Preguntas curtas e respostas curtas baseadas nas actividades do tema.
  3. Completar un texto con ocos da antiga Grecia (repasar o esquema inicial do tema).
  4. Unir con frechas conceptos (segundo o modelo da actividade 1 da páxina 191)
  5. Desenvolver por escrito un pequeno tema a modo de redacción. O tema sairá da seguinte lista que debes preparar e repasar na casa (recomendable, que fagas unha redacción ou apuntes, a partires do libro ou doutras fontes de información, para estudalo axeitadamente): “A colonización grega” (páxinas 174-175), “O imperio de Alexandre o Magno” (páxinas 180-181)
  6. Analizar e comentar imaxes de tipo histórico ou artístico do tema estudado.
Publicado en 1º ESO CIENCIAS SOCIAIS | Deixar un comentario

TEMA 10. A II GUERRA MUNDIAL: “Humor en tempos de guerra” (actividade voluntaria)

Aquí tes unha selección de chistes gráficos relacionados co conflito mundial. Fai un breve comentario dos mesmos e envía as túas respostas a: afachadoestevez@gmail.com

1. Que dous personaxes históricos están xogándose ao póker o futuro de Europa?

1. Cal é o sentido do chiste?

2. Pedra, papel, tesoiras...

2. Pedra, papel, tesoiras…

3. Comenta a imaxe e o sentido do texto que a acompaña.

3. Comenta a imaxe e o sentido do texto que a acompaña.

4. Quen son e que están a facer?

4. Quen son e que están a facer?

5. Cal foi a confusión dos xenerais de Hitler?

5. Cal foi a confusión dos xenerais de Hitler?

6. En que cartel se basea a parodia e cal é o sentido da mesma?

6. En que cartel se basea a parodia e cal é o sentido da mesma?

7. Diferentes parodias e montaxes sobre unha célebre fotografía do conflito?  Cal é?  Comenta brevemente cada unha delas.

7. Diferentes parodias e montaxes sobre unha célebre fotografía do conflito? Cal é? Comenta brevemente cada unha delas.

ImperialismoMacdonals

MAMBO-2-GAY

kreativ_ot_lego_32_foto_3

8. Unha serie de montaxes moi frikis sobre fotos da IIGM. Comenta o sentido de cada unha delas.

8. Unha serie de montaxes moi frikis sobre fotos da IIGM. Comenta o sentido de cada unha delas.

144f8badb9492cdf65f3182c9d162c90

captain-america-war-time-675x624 - copia

cfdfbc1f5305cebabf0561de48ed83fd

f8962d66cda65fb952cad848127f76c0

flash-war-time-675x448 - copia

greenham-airfield

I29jwkY

if_star_wars_640_16-640x480

NEPjsxh5BY2zSW_1_2

spiderman-675x535

star-wars-aircraft-outer-space-world-war-ii-1024x768-wallpaper_www.wallmay.com_47-1-640x480

super-hero-3

v-war-time-675x475

ww2rancor4-640x460

9. Sentido do chiste?

9. Sentido do chiste?

11. Comentario?

10. Comentario?

12. Recoñeces a estes presidentes norteamericanos?  E a escena da película?

11. Recoñeces a estes presidentes norteamericanos? E a escena da película?

12. A que se refiren?

12. A que se refiren?

13. Afortunadamente, os nazis nunca sacaron esta foto que parodia unha famosa imaxe dun non menos famoso grupo musical inglés....

13. Afortunadamente, os nazis nunca sacaron esta foto que parodia unha famosa imaxe dun non menos famoso grupo musical inglés….

14. Personaxes e famosa conferencia (na que non estiveron tan ben

14. Personaxes e famosa conferencia (na que non estiveron tan ben “acompañados”)?

15. Comentario e personaxes?

15. Comentario e personaxes?

Publicado en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA | Deixar un comentario