TEMA 7: “Propostas de traballo sobre as sociedades prehistóricas”

1º ESO. GUIÓN-PROPOSTA DE TRABALLO: “As sociedades prehistóricas”

Recorda como puntos básicos:

-A presentación do traballo, que debe constar de PORTADA orixinal (título do traballo; nome, apelidos e curso e grupo do autor, e un debuxo ou foto relacionado co tema); ÍNDICE; CONTIDOS RELATIVOS ás cuestións indicadas, e BIBLIOGRAFÍA (fontes manexadas para a realización deste traballo: enciclopedias, libros, páxinas web….).

-É aconsellable acompañar no posible o traballo de imaxes (mapas, planos, fotos, retratos, etc)

-Unha vez contestadas as cuestión, enviar o traballo a: afachadoestevez@gmail.com (ou ben entregalo ao profesor na clase). O prazo de entrega é de UNHA SEMANA a partires da entrega ao alumno da ficha de traballo.

-Despois de ser corrixido, deberás facer unha breve exposición ou comentario do teu traballo na clase ante os demais compañeiros.

-VALORARASE: traballos cohesionados e uniformes (nada de “copiar e pegar”), boa calidade de imaxes, correcta selección dos datos, presentación axeitada e ortografía correcta.

Propostas de traballo (escoller unha delas e seguir as pautas correspondentes)

  • “A evolución humana: dos primeiros homínidos ao Homo Sapiens Sapiens“ Podes prantexalo a xeito de monografía (informe ou redacción con datos) ou representando nunha cartulina con debuxos dos homínidos e os datos principais, como estatura, época ou período no que viviu, capacidade craneal, trazos básicos, etc.

Puntos básicos e de interese sobre o teu traballo de investigación:

-Debes explicar as principais etapas na liña evolutiva humana: austrolopitecos, os primeiros representantes do xénero Homo e o Homo Sapiens. É aconsellable que aportes debuxos ou ilustracións de cada un deles, coas súas principais características (por exemplo, estatura, capacidade cranial, ferramentas asociadas, feitos importantes….)

-Diferenzas básicas entre o ser humano e os demais primates. Cambios evolutivos que experimentou a nosa especie ao longo do proceso de hominización.

-Inclúe un mapamundi onde localices os principais xacementos asociados a homínidos e as posibles rutas de migración daqueles.

-Finalmente, trata de elaborar un cadro ou esquema moi básico coas diferentes especies do xénero Homo, cronoloxía e feitos destacables.

  • “A importancia do xacemento prehistórico de Atapuerca (Burgos)”

Puntos básicos e de interese sobre o teu traballo de investigación:

-Debes incluír un mapa onde localices a situación deste xacemento español.

-Características da paisaxe onde se atopa  xacemento. Cres que é casualidade que os individuos prehistóricos escolleran este lugar no seu momento?  Que vantaxes presentaba para a presenza humana prehistórica?

-Cando se descubríu este xacemento?  Que agresións por parte do ser humano sufríu ao longo da historia?  Cando se empezou a excavar e analizar por parte dos arqueólogos?

-Cales son os principais puntos de interese ou de excavación de Atapuerca?  A que especies humanas se corresponden os restos atopados ata o momento?

-Ademais dos restos humanos, que outros obxectos de interese se atoparon nas excavacións?

-Entre que datas se cre que estivo habitado polos individuos prehistóricos este xacemento?

-Finalmente, resume a importancia a nivel mundial que ten o xacemento de Atapuerca.

  • “Útiles e ferramentas prehistóricas”  Facer un catálogo con debuxos explicativos, ou tamén podes facer as túas pequenas reproducións de machados e ferramentas paleolíticas e neolíticas.
  • “Pobos indíxenas e tribos actuais que viven como na Prehistoria”: podes escoller unha tribo ou pobo determinado (da Amazonia, os aborixes australianos….) ou falar deles en xeral (costumes, como obteñen os seus alimentos, ferramentas, se fan lume como na Prehistoria, poboados ou campamentos, crenzas relixiosas….)
  •  “Novelas, series de televisión, debuxos animados e películas sobre a Prehistoria”

-Primeiro podes centrarte na literatura: inclúe portadas de novelas baseadas na Prehistoria (como as da serie “El clan del oso cavernario” e outras) e fai unha breve reseña ou resumo das mesmas.

-Sobre o cine que se inspira na Prehistoria, podes facer alusións a películas fantásticas e pouco axustadas á realidade (“Las tres edades”, película muda de Buster Keaton, “Hace un millón de años”, “10.000 a.C”, , “Cavernícola”, “El hombre de California”, “El hombre de hielo” ,“Año uno” de Jack Black, ou as vellas películas de serie B con dinosaurios e insectos xigantes), e logo falar de películas mellor baseadas dende o punto de vista histórico, como “En busca del fuego”, “El clan del oso cavernario” ou “El último neanderthal”.

-Tamén podes completar o traballo falando de como se trata a Prehistoria en películas ou series de debuxos animados, como “Los Picapiedra”, “Ice Age” ou “The Croods”, entre outras.

  • “Publicidade”: podes deseñar un anuncio ou spot inspirado na antiga Grecia. A xeito de Teletenda, promocionando un útil ou ferramenta, vestimentas, complementos, construccións, etc.
  • “A Arte rupestre. Paleolítico e Neolítico”. Podes prantexalo como unha monografía ou pequena investigación, ou ben debuxar unha serie de reproducións de pinturas ou esculturas famosas da Prehistoria. Outra posibilidade é facer unha sinxela maqueta ou modelo dun dolme, mámoa, menhir, cromlech, petroglifo…

Puntos básicos e de interese sobre o teu traballo de investigación:

-Debes explicar as principais características da pintura paleolítica e centrarte nalgunhas das máis importantes (Altamira, Lascaux, Tito Bustillo….)

-Trazos destacables da pintura neolítica e principais exemplos.

-Inclúe un mapa onde estean localizados os principais conxuntos de pintura rupestre da Prehistoria.

-Podes completar o traballo, se queres, falando da escultura, dos relevos e da arte mobiliar (obxectos decorativos feitos en madeira, óso, hasta, pedra….).

  • “Os megálitos galegos” Monografía acompañada de imaxes dos principais monumentos prehistóricos galegos.

Puntos básicos e de interese sobre o teu traballo de investigación:

-Primeiro debes explicar o fenómeno do megalitismo e incluír un mapa do continente europeo onde estean localizados os principais xacementos asociados a este tipo de monumentos prehistóricos.

-Despois, debes explicar os distintos tipos de megálitos. É interesante que inclúas debuxos ou imaxes de cada un deles, coas súas características xerais e exemplos coñecidos. Hai que comentar as teorías sobre as súas finalidades ou significados, así como os métodos que se empregaron para levantalos ou construílos.

-A continuación, céntrate no megalitismo galego e as súas principais características: cronoloxía, tipos de monumentos e os seus nomes, exemplos destacados ou coñecidos….  Tamén podes referirte á pegada do megalitismo na nosa toponimia.

  • “A arte ibérica: arquitectura, escultura, pintura, cerámica”  Elaborar unha breve monografía ou facer as túas propias reproducións en forma de debuxo de obras famosas (como a Dama de Elche)
  • “A cultura castrexa en Galicia” Breve monografía sobre o mundo dos castros. Posibilidade de facer unha pequena maqueta ou modelo dunha casa castrexa (ou, se te animas, dun poboado castrexo coas súas distintas partes).

Exposición oral do traballo na clase:

  • DESENVOLTURA NA EXPOSICIÓN: atraer a atención do “público”, ser dinámico falando, crear un posible debate (contestar ás cuestión que poidar plantexarse por parte dos compañeiros), incluír anécdotas no posible para amenizar o tema, etc. Podes utilizar imaxes e outros recursos….
Advertisements
Esta entrada foi publicada en 1º ESO CIENCIAS SOCIAIS. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s