TEMA 4: ACTIVIDADES DE REPASO

  1. A ESTÉTICA MEDIEVAL: O ROMÁNICO E O GÓTICO:

 

  • En que séculos se desenvolveu o estilo románico? E o gótico?
  • Indica tres características básicas do estilo románico e do estilo gótico, respectivamente:
  • Que tipo de edifícios civis destacaron durante o Románico? E durante o Gótico?
  1. A DECORACIÓN ESCULTÓRICA:
  • Resume as principais diferenzas (materiais, colocación espacial, temas….), entre a escultura románica e a escultura gótica:
  1. ESTÉTICA E TÉCNICAS NA PINTURA MEDIEVAL:
  • Identifica, correctamente, as seguintes características, dependendo de se pertencen á pintura románica ou á pintura gótica:
  • Abondan os temas relixiosos, pero tamén son frecuentes os temas profanos……..
  • Os chamados primitivos flamengos destacaron na técnica do óleo……………….
  • Miniaturas coa técnica da augada sobre pergameo…………………………..
  • Valórase a obra, que está asinada polo seu autor………………….
  • Impresionantes vidreiras que substitúen gran parte dos muros das catedrais……………………..
  • Abondan as pinturas ao fresco nos interiores dos templos………………………………………
  • Figuras ríxidas, de fronte e de gran simetría nos rostros…………………….
  • Miniaturas con escenas elegantes, figuras e paisaxes estilizadas e idealizadas……………………………..
  • Os temas son todos de carácter relixioso…………………….
  • Os autores son anónimos, na maior parte dos casos……………………
  • Busca a perspectiva, efectos de luz e figuras que transmiten sensacións e sentimentos………………………………

Verdadeiro ou falso?  No caso dos enunciados incorrectos, indica cal sería o correcto:

 

  • O Gótico e o Barroco foron os dous principais estilos artísticos da Europa cristiá durante a Idade media.
  • O estilo Gótico naceu en Francia a mediados do século XII na zona de París.
  • A escultura e a pintura góticas cumprían un papel tecnolóxico, de ensinar e mostrar os avances mecánicos e os principais inventos da Baixa Idade Media.
  • O Pantocrátor era a imaxe empregada na estética medieval para simbolizar a maxestade de Deus.
  • No Gótico houbo un decrecente interese polos temas profanos, pouco naturalismo e realismo no tratamento dos temas e figuras, e unha reducida liberdade creativa dos artistas.
  • Un claustro é unha cuberta de pedra empregada nas igrexas románicas.
  • O rosetón era unha rosa de talla XL que cultivaban os antigos monxes nos mosteiros góticos.
  • Giotto foi un dos principais pintores do estilo Románico.
Advertisements
Esta entrada foi publicada en 2º ESO CIENCIAS SOCIAIS. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s