TEMA 3. “A IDADE MEDIA NA PENÍNSULA IBÉRICA. O REINO DE GALICIA”. ACTIVIDADES DE REPASO

  1. O DOMINIO MUSULMÁN:
  • Entre que datas dominaron os musulmáns gran parte do territorio da Península Ibérica? A que reino cristián derrotaron os musulmáns a princípios do século VIII?:
  • Observa o mapa da páxina 54. Por onde penetraron os musulmáns para invadir a Península Ibérica? Ata onde chegaron polo norte?
  • Que nome lle deron os musulmáns ás terras que ocuparon e habitaron na Península Ibérica?
  • Anota as principais características políticas, militares e econômicas do Califato de Córdoba:
  • Entre que datas se desenvolveron os reinos taifas? Cal foi o derradeiro reino taifa conquistados pólos cristiáns em 1492?
  • Cales son as principais obras artísticas conservadas na Península Ibérica e realizadas polos musulmáns? Que outros monumentos hispano-musulmáns famosos coñeces?
  • Debuxa un arco de ferradura típico da arte hispano-musulmá:
  1. A EXPANSIÓN CRISTIÁ:
  • A que se denomina Reconquista? Entre que datas tivo lugar?
  • Consulta os mapas históricos das páxinas 58-59. Que entidades ou reinos cristiás existían na Península Ibérica entre os séculos VIII e X? e entre os séculos XI e XIII? Que feito histórico decisivo tivo lugar na Península en 1492?:
  • Busca información nunha enciclopedia (ou no enderezo de internet da páxina 59) e fai unha breve biografía de Rodrigo Díaz de Vivar (entre que datas viviu, significado do seu alcume o Cid Campeador, batallas nas que destacou, motivos polos que foi desterrado polo rei Afonso VI, obra literaria que o homenaxea, etc):
  • Define carta de poboamento, foro e almogávares:
  • Consulta o mapa da páxina 61. Que territorios dominou a Coroa de Aragón no Mediterráneo entre os séculos XIII e XV?:
  1. SOCIEDADE E MONARQUÍA FEUDAL.
  • A que grupo social pertencían, na idade Media, os seguintes individuos: un bispo, un zapateiro, un monxe franciscano, unha tecedora, un duque, unha campesiña.
  • Que diferenzas había entre o poder dun monarca de Castela e outro de Aragón na Idade Media?:
  • Cal era a principal función das Cortes medievais?:
  1. DESENVOLVEMENTO RURAL E URBANO.
  • Cales eran as principais actividades económicas nos reinos cristiáns ata o século XI? E a partir do século XII? Porque se produciu un importante cambio a partir dese momento?:
  1. A GALICIA MEDIEVAL.

 

  • Como afectou a Galicia a conquista musulmá?:
  • Fíxate no esquema da páxina 67. Con qué reis e en que datas foi Galicia reino independente?:
  • Que dous tipos de señores dominaban a sociedade da Galicia medieval?:
  • Apunta o nome de liñaxes nobiliarias importantes na Galicia medieval:
  • Porque foi tan importante o papel histórico do arcebispo de Santiago Diego Xelmírez na Galicia do século XII?
  • Cales eran as vilas e cidades galegas medievais máis importantes? Por que?:
  • Por que xurdiu o conflito dos irmandiños? Como rematou?
Advertisements
Esta entrada foi publicada en 2º ESO CIENCIAS SOCIAIS. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s