HISTORIA CONTEMPORÁNEA UNIVERSAL. 1º BACHARELATO. FICHA DE TRABALLO “OLIVER TWIST”

FICHA DE TRABALLO SOBRE A PELÍCULA “OLIVER TWIST” (2005)

  1. FICHA TÉCNICA DO FILME: nacionalidade, ano de produción, director, principais actores e actrices e o papel que representan, lugares de rodaxe e outros datos de interese (premios recibidos…)
  2. BREVE RESUMO DO ARGUMENTO DO FILME
  3. A PELÍCULA E A OBRA LITERARIA NA QUE SE INSPIRA: busca información sobre Charles Dickens e fai unha pequena biografía deste escritor. Explica a súa relación coa Inglaterra Vitoriana que describe nos seus libros. Non esquezas anotar outras obras coñecidas de dito literato.
  4. O CONTEXTO HISTÓRICO: explica a relación entre o que se nos conta na película e na novela co estudado na clase (a industrialización inglesa, a sociedade vitoriana, as condicións de vida das clases humildes no Londres da época, os hábitos sociais, a moda imperante, etc). Procura relacionar ditos elementos con escenas determinadas ou diálogos do filme. Valora se a película axuda a entender mellor o fenómeno histórico estudado na aula e por que.
  5. OUTRAS PELÍCULAS, OU SERIES DE TELEVISIÓN DO MESMO TÍTULO OU BASEADAS NA MESMA OBRA DE DICKENS?
  6. VALORACIÓN DA PELÍCULA SEGUNDO CRITERIOS CINÉFILOS: ambientación, vestiario, decoración, interpretación dos actores, música, iluminación…Non olvides sinalar a importancia do director do filme (outras películas coñecidas do mesmo).
  7. VALORACIÓN PERSOAL DA PELÍCULA: por que a escolliches? Gustouche e as razóns?  Paréche útil para comprender mellor a sociedade inglesa do XIX?  Escenas ou personaxes favoritos?  Algún diálogo ou frase que destacarías?  Por que a recomendarías a outra persoa?.
Advertisements
Esta entrada foi publicada en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s