TEMA 5. COLONIALISMO E IMPERIALISMO: VOCABULARIO SOBRE O COLONIALISMO E O IMPERIALISMO

 CONCEPTOS:

  • Bóers: nome dado aos colonos holandeses, tamén chamados afrikáners, e que se estableceron no sur de África, na colonia do Cabo no século XVII. Entre 1899 e 1902, os bóers mantiveron unha guerra contra as tropas británicas, sendo derrotados e perdendo a súa independencia. En 1910, as colonias británicas e os territorios autónomos bóers foron agrupados na actual Unión Sudafricana. Dende os anos 1960 ata os anos 1990, os afrikáners fixéronse co goberno sudafricano, instaurando o apartheid no país.
  • Canal de Suez: canal que comunica o Mediterráneo co Mar Vermello. Construido entre 1859 e 1869 polo enxeñeiro francés Lesseps, permite enlazar o Mediterráneo co Índico e evita ter que circunvalar África. Administrado por Exipto na actualidade, é unha das principais rutas comerciais do mundo.
  • Conferencia de Berlín: conferencia diplomática celebrada na capital alemá en 1884-85, promovida polo chnaceler Bismarck e co obxectivo de solucionar os conflitos xurdidos na ocupación europea de África. Bélxica e Francia aseguraron o seu dominio da zona central africana; proclamouse a libre navegación polos ríos Níxer e Congo; aceptábase a teoría da zona de influencia para organizar a expansión colonial, e Gran Bretaña consolidou e legalizou as súas posesións africanas.
  • Doutrina Monroe: teoría expresada polo presidente estadounidense James Monroe en 1823, que afirmaba a independencia das nacións de América Latina fronte ás intervencións das potencias europeas, ao tempo que defendía o dereito dos EE.UU a intervir no continente americano para protexer os seus intereses (“América para os americanos”).
  • Imperialismo: expansión política e económica dunha nación. No século XIX, este termo aplicouse á expansión colonial das potencias europeas (ademais de EE.UU e Xapón), en África e Asia. Durante esta época, unha cuarta parte do planeta foi  ocupada e redistribuída entre media docena de potencias.
  • Meiji: etapa da historia de Xapón, comprendida entre 1868 e 1912. Baixo o gobernó do emperador Mutsu Hito, realizáronse profundas reformas que levaron á modernización da economía e da administración xaponesas.

PERSONAXES:

-Benjamin Disraeli: (1804-1881) Político británico e líder do Partido Conservador (Tory), que chegou a ser Primeiro Ministro en plena Era Victoriana, alternando as reformas políticas e sociacias coa expansión colonial na época dourada do Imperio británico.

-Henry Morton Stanley:  (1840-1904) Foi un dos maiores exploradores de África, onde chegou en busca doutro célebre viaxeiro, o Doutor Livingstone, nunha expedición organizada polo xornal The New York Herald en 1871.

-Leopoldo II de Bélxica (1835-1909) Segundo rei de Bélxica trala independencia desta, convertíuse en “propietario” do antigo Zaire, en África central, convertíndose en multimillonario e ao mesmo tempo, responsable da morte de máis de 8 millóns de congoleños. No seu testamento, legou aos belgas o Estado Libre do Congo.

-Cecil Rhodes: (1853-1902) Empresario, colonizador e político británico. Defensor do imperialismo. Fundou a empresa de diamantes De Beers e o país de Rhodesia (actuais Zimbawe e Zambia).

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s