TEMAS 1-3. A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E O MOVEMENTO OBREIRO : Ficha de traballo da película “Germinal”

GUIÓN DE TRABALLO SOBRE A PELÍCULA “GERMINAL”

 

Recorda que este traballo é obrigatorio (a menos que prefiras facer unha proba escrita sobre o Movemento Obreiro). Tes a película en Youtube ( https://www.youtube.com/watch?v=XFs0LCnW-lM). Unha vez elaborado o traballo, podes entregalo por escrito ou ben envíalo a: afachadoestevez@gmail.com. A data tope é a última semana de clases antes das vacacións de Nadal. Este traballo puntúa ata 1  como máximo e terase en conta para a túa nota trimestral.

 

 

FICHA TÉCNICA
– Director: Claude Berri
– Intérpretes: Gerard Depardieu (Toussaint Maheu), Renaud Sechand (Etienne Lantier), Miou Miou (muller de Maheu), Jean-Roger Milo (Chaval), Judith Henry (Catherine Maheu)
– Guionista: Claude Berri e Arlette Langman sobre a novela Germinal de Emile Zola
– Música: Jean- Louis Roques
– Fotografía: Yves Angelo
– Nacionalidade: Bélxica-Francia-Italia
– Ano de producción: 1993
– Duración: 152 minutos
– Premios: Gañadora de dous premios César, o máximo galardón do cine francés

a) SINOPSE: resume brevemente coas túas propias palabras o argumento da película.

b) A minaría na Europa do s.XIX

  1. Describe o traballo na mina de carbón fixándote en diferentes aspectos.
  2. obtención do carbón:

¿Que tipo de mina é a que se presenta no filme? ¿Existe outro tipo de minas de carbón?   

            ¿Cal é o problema que presentan os entibados das galerías?  

            ¿Que sistemas empregaban para transportar o carbón á superficie?  

            ¿Con que tipo de ferramentas obteñen o carbón?    

 

  1. Os efectos do traballo na mina sobre asaúde dos traballadores

           à ¿Cal é a principal enfermidade que produce a mina nos traballadores?    

           à Describe a sensación que transmite o filme sobre o ambiente no interior da mina (a     temperatura, a falta de aire e de luz…)    

 

  1. exterior da mina

 

             Observa o cadro de Meunier “No país negro” (p. 29 do teu libro de texto). En que se parece a algunhas das escenas do filme?

c) As novas clases sociais: burguesía e proletariado

 

  1. Burguesía e proletariado, as clases sociais características da industrialización. Define brevemente as súas principais características: nivel de vida, ocupacións principais, costumes, problemas….(podes facer un pequeno cadro comparativo se o prefires)
  2. A través de exemplos concretos, responde a cuestións como as seguintes sobre a vida e o traballo dos mineiros que aparecen ao longo do filme:

 

¿Por que teñen que traballar na mina todos os membros da familia?

¿Entre que idades traballan?  

¿Que tipo de traballos realizan as mulleres? ¿E os nenos?   

Consulta as páxinas 88-89 do teu libro e indica outros problemas e carencias que sufrían os traballadores no século XIX.

                                         

 

  1. A familia proletaria e a familia burguesa. Elabora un esquema ou cadro comparativo no que indiques os trazos básicos das familias, segundo sexan de traballadores ou de burgueses, tendo en conta aspectos como o número de fillos, a comida ou dieta alimenticia, como eran as vivendas (tamaño, comodidades, mobiliario, luz….), os vestidos e prendas usadas, as diversións e o tempo de lecer, e as opinións que teñen uns dos outros, respectivamente (frases que resuman ditas opinión):

                                                                                             

Consulta as páxinas 84-86 do teu libro de texto: cales foron os principais trazos sociais e ideolóxicos da burguesía do século XIX?

 

 

 d) A necesidade de organizarse. O Movemento Obreiro.

 

  1. Preparando a folga.

 

¿Que motivos concretos expón a película para iniciar os traballadores da mina a organización en defensa dos seus intereses?   

¿Hai acordo entre os traballadores sobre a conveniencia de organizarse? ¿Por que?

¿Que papel desempeñan as mulleres?                                                                                    

 

  1. O métodos da loita obreira. No filme reflíctense con claridade as dúas tácticas básicas do movemento obreiro: a socialista e a anarquista.

Páxinas 103-105: explica en que se diferenciaban as teses dos anarquistas (Bakunin e Kropotkin) con respeto ás ideas do marxismo.

¿Que personaxes da película representan a cada unha destas dúas tendencias ideolóxicas e tácticas?  

¿Cal das opcións -socialista, marxista- elixen os obreiros para a súa protesta? Describe algunhas escenas en que se manifeste.      

Identifica as principais consecuencias dunha folga na familia proletaria. 

Comenta a escena na que se destrúe a fábrica como consecuencia dunha sabotaxe.   Como se chamaban estas accións nas que se destruía a maquinaria ou as instalacións fabrís? Consulta as páxinas 90-92 e comenta brevemente en que país naceron este tipo de acción violentas e que feito semellante tivo lugar na Coruña en 1857. 

Na película faise referencia á AIT. Consultando as páxinas 105-113 indica   cantas internacionais obreiras se fundaron no século XIX.      

 

                                                                                                                                                                                                                                                                                    

                                                                                                                                                                                                                                                                                         

 

 

  1. A resposta da patronal:

¿Que tácticas empregan os patróns para non aceptar as peticións dos obreiros? 

 ¿Que razóns dan os patróns para non poder aceptar as esixencias dos seus traballadores?      

 

 e) Valoración do filme: neste apartado debes comentar se a película serviuche para entender mellor as condicións de vida do proletariado europeo durante a industrialización. Neste sentido, fíxate en aspectos propios do mundo do cine como a interpretación (que actores ou actrices destacas), o vestiario, a ambientación, os diálogos, a música ambiental, os decorados, a iluminación, os efectos especiais, etc etc.

Tamén sería interesante que anotaras aquí títulos de outras novelas, series televisivas e películas inspiradas ou baseadas na Revolución Industrial.

 

 f) Opinión persoal: neste apartado debes comentar se a película foi para ti interesante ou non (explicando as razóns), se che gusta o chamado cine histórico e por que; se houbo momentos ou escenas (ou frases nos diálogos) que che chamaron a atención; se che fixo reflexionar sobre alguna cuestión ou actitude determinada (con quen te identificas, cal cres que era a parte que tiña razón no conflito, se cres que se solucionou a folga axeitadamente ou non, se existen na actualidade problemas de inxustiza no mundo laboral, etc. En resumidas contas, se recomendarías ou non esta película a outra persoa, e con que argumentos, respectivamente.

…..por certo, por que a novela de Zola e a película teñen como título “Xerminal”?

  

 

 

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s