2º ESO. FICHA DIDÁCTICA SOBRE A PELÍCULA “El REINO DE LOS CIELOS”

 

  1. Elabora unha breve ficha técnica deste filme: título orixinal, nacionalidade e ano de estreno; director; actores e actrices principais; lugares de rodaxe (indica neste caso en que sitios concretos de España se filmou esta película).

 

  1. Resume en breves liñas o argumento: debes contar coas túas palabras que se conta nesta película.

 

 

  1. O contexto histórico: entre que anos se desenvolve a acción? En que lugares ou países? A que Cruzada ou Cruzadas pertence a historia que se nos conta?  Anota os nomes de cidades, batallas, ordes militares e outros feitos históricos que aparecen na película.

Ao longo da película faise referencia e aparecen unha serie de personaxes. Identifica os que existiron na historia dos que son ficticios, e no caso dos personaxes históricos busca información deles e explica con poucas palabras a súa relevancia:

-Godofredo de Ibelin e Balian de Ibelin.

-A Princesa Sibylla

-Tiberias.

-Reinaldo de Chatillón

-Balduíno IV o Leproso

-Guy de Lisignan

-Saladino

-Ricardo Corazón de León.

Fai unha breve descripción do físico, indumentaria e personalidade dos personaxes principais do filme.

 

  1. As Cruzadas: este feito histórico foi xa traballado na clase, se recordas. Aproveita a película para comentar, dende o punto de vista bélico, estas expedicións militares: armas que se empregaban, tácticas militares, máquinas de asedio, fortificacións e castelos…..
  2. Busca información sobre os seguintes conceptos e explícaoos brevemente: templarios, o Krak dos Cabaleiros, Hospitalarios (Orde), Monreal, Batalla de Hattin.
  3. Anota títulos doutras películas destacables sobre o fenómeno das Cruzadas medievais.
  4. Valoración persoal da película: o cine é unha arte e, como tal, podes valorala desde varios puntos de vista, como a ambientación (escenarios, lugares de rodaxe, vestiario, costumes….todo o que sabes sobre a época para que a película sexa creible); a interpretación dos actores (cales chamaron a túa atención ou destacarías pola súa interpretación); o ritmo da película (faise longa, aburrida, entretida, interesante….?); a música ambiental; as escenas máis chamativas ou destacables, etc. Neste sentido, fai a túa valoración: cres que é unha película axeitada e útil para entender o fenómeno das Cruzadas? A Idade Media está ben ambientada ou recreada?  Que che gustou ou non che gustou da película….
Advertisements
Esta entrada foi publicada en 2º ESO CIENCIAS SOCIAIS. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s