TEMA 2 “Renovación e crise no mundo feudal”. Actividades de repaso

RENOVACIÓN AGRARIA E CRECEMENTO DEMOGRÁFICO:

 

  1. Que causas explican o considerable avance da agricultura europea a partir dos séculos XI-XII?:
  2. Como foi a evolución da poboación europea entre os anos 1000 e 1500? Cal foi a principal crise demográfica que se produciu no continente e por que?:
  3. Que consecuencias trouxeron os câmbios agrícolas e demográficos con respeto ás relacións feudais entre señores e servos?:

 

O DESENVOLVEMENTO COMERCIAL:

  1. Por que se renovou e aumentou de peso o comercio europeo a partir do século XII?:
  2. Que zonas do continente destacaron polo seu desenvolvemento comercial? Consulta o mapa da páxina 35 e a información correspondente, e anota os nomes dos portos, mercados e feiras máis importantes no intercambio comercial da época:
  3. Que era a Hansa?:
  4. Busca información nunha enciclopedia ou en Internet e explica brevemente quen foi Marco Polo:
  5. Cales foron as principais melloras que se levaron a cabo nos transportes terrestres da época?:
  6. Anota os nomes dos tipos de barcos e dos novos instrumentos de navegación utilizados neste período histórico:

O RENACER URBANO:

10. Cales son as dúas novas ciudades das que falan os documentos da páxina 38? Quen e con que finalidade as fundou?  Existen na actualidade?:

11. Consulta o documento da páxina 51 (Carta de poboamento de Vila Real, Castellón, 1274). Quen é o fundador da nova cidade do texto? Que lles concede aos seus poboadores?  Que se reserva para si mesmo?:

12. Por que se dicía na Idade Media que “o aire das cidades daba a liberdade”?:

13. Que critica o autor do texto da páxina 51 (Costumes de Beauvaisis)? A que deu lugar este tipo de situación a finais da Idade Media:

14. Cal era a principal actividade da burguesía? Cal era a orixe deste grupo social? Que subgrupos se distinguían dentro da burguesía medieval?

15. Que eran os gremios?

16. Consulta o documento de Chastellain (páxina 41) e comenta con que tipo de actividades chegou o protagonista a ocupar unha elevada posición na Francia do seu tempo.

UNHA NOVA CULTURA URBANA (Páxinas 80-81)

17. Quen foron os fundadores, respectivamente, das seguintes ordes relixiosas?:

-A orde dos bieitos (“benedictinos”):

-A orde de Cluny (cluniacenses):

-A orde do Císter (cistercenses):

-A orde dos franciscanos:

-A orde dos dominicos:

18. Que características presentaban as chamadas Ordes Mendicantes?

19. Cal é a orixe das universidades? Quen podia fundalas?  Cales son as universidades europeas mais antigas e que se fundaron na Idade Media?  Busca información sobre a orixe da universidade galega máis antiga, a de Santiago de Compostela:

20. Que materias ou asignaturas se ensinaban nas universidades medievais? Que era o chamado método escolástico?:

21. Quen inventou a imprenta? Que vantaxes trouxo este invento?  Cando chegou a imprenta a España?:

A CONSOLIDACIÓN DAS MONARQUÍAS:

22. Que causas favoreceron a recuperación do poder por parte dos reis a partir do século XII?

23. Que monarquia europea conseguiu someter á nobreza? Cal tivo que pactar coa Igrexa, a nobreza e a burguesia?:

24. Fíxate no extracto da Carta Magna inglesa (páxina 43) e destaca as concesións que tivo que facer o monarca.

AS DIFICULTADES DOS SÉCULOS XIV E XV:

25.Que foi e cando se produciu a Peste Negra? Cantas vítimas causou no seu momento?

26. Que dous tipos de conflitos básicos houbo nos séculos finais da Idade Media? Pon exemplos, respectivamente.

27. Que causas motivaron as protestas urbanas a finais do Medievo?

28. A que se denominada malos usos no século XV? Que provocaron?

VERDADEIRO OU FALSO?

29.Indica se son verdadeiras (V) ou falsas (F) as seguintes afirmacións. Corrixe as falsas.

-Os gremios eran asociacións de burgueses para potenciar o comercio.

-Entre os instrumentos que favoreceron o crecemento agrario destacaron o arado e a coleira.

-o apoio da burguesía favoreceu a recuperación do poder dos monarcas.

-As revoltas campesiñas estaban orixinadas pola falta de escolas para os seus fillos.

-Moitas das cidades que reactivaron a súa actividade xa existían na época romana.

-A Peste Negra foi causada polo consumo de alimentos en mal estado e provocou dous millóns de víctimas.

-Xoana de Arco foi unha famosa protagonista histórica da Guerra das Dúas Rosas.

-A principal revolta campesiña na Galicia do século XV foi o movemento Irmandiño.

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en 2º ESO CIENCIAS SOCIAIS. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s