TEMA 2 RENOVACIÓN E CRISE NO MUNDO FEUDAL. PROPOSTAS DE TRABALLO:

Recorda como puntos básicos:

-A presentación do traballo, que debe constar de PORTADA orixinal (título do traballo; nome, apelidos e curso e grupo do autor, e un debuxo ou foto relacionado co tema); ÍNDICE; CONTIDOS RELATIVOS ás cuestións indicadas, e BIBLIOGRAFÍA (fontes manexadas para a realización deste traballo: enciclopedias, libros, páxinas web….).

-É aconsellable acompañar no posible o traballo de imaxes (mapas, planos, fotos, retratos, etc)

-Unha vez contestadas as cuestión, enviar o traballo a: afachadoestevez@gmail.com (ou ben entregalo ao profesor na clase).

-Despois de ser corrixido, deberás facer unha breve exposición ou comentario do teu traballo na clase ante os demais compañeiros.

-VALORARASE: traballos cohesionados e uniformes (nada de “copiar e pegar”), boa calidade de imaxes, correcta selección dos datos, presentación axeitada e ortografía correcta.

Propostas de traballo (escoller unha delas e seguir as pautas correspondentes)

  • Biografía dun personaxe histórico: Marco Polo, Xoana de Arco.
  • “As moedas na Idade Media”
  • “Viaxando na Idade Media: medios de transporte”
  • “Cidades españolas e galegas de orixe medieval”
  • “Os oficios artesanais medievais”
  • “A Guerra dos Cen Anos”-Causas e orixes deste conflito bélico. Países implicados.-Cronoloxía: duración do conflito.-Fases e etapas. Comentar a evolución do conflito en cada período. Principais batallas. Armamento e tácticas militares empregados. Características dos exércitos implicados.-Personaxes históricos implicados (monarcas, militares, nobres…). O papel e a importancia de Xoana de Arco.-O final da guerra: o resultado. Consecuencias do conflito.-Novelas, cómics, videoxogos, series de televisión e películas baseadas ou ambientadas na Guerra dos Cen Anos.
  • “A Peste Negra”
  • -Definición desta enfermidade: síntomas e consecuencias para a saúde.-A Peste bubónica de 1347: orixes; vías de contaxio; como chegou a Europa. Consecuencias (demográficas, económicas, sociais, culturais)-A expansión da peste: zonas xeográficas afectadas.-Que medidas se tomaron no seu momento ante o brote da Peste?  A que ou quen se lle botou a culpa desta enfermidade na época?  Con que consecuencias?-A Peste na Península Ibérica e en Galicia.-Impacto cultural da Peste: “O Decamerón”, as Danzas da Morte, obras pictóricas relacionadas con este feito….-Outras epidemias de peste importantes distintas á pandemia de mediados do s. XIV.-Novelas, películas, cancións, vídeos relacionados coa Peste Negra.
  • “Robin Hood, que hai de historia e de lenda? (relacionar con outros personaxes como os reis Xoan sen Terra e Ricardo Corazón de León)
  • Películas:”Ivanhoe”, “El señor de la guerra” (1965),  “Enrique V”, “Juana de Arco”, “Ironclad” (“Templario”)
  • Videoclips da serie History for teachers (youtube): “Black Death”, “Joan of Arc”.
Advertisements
Esta entrada foi publicada en 2º ESO CIENCIAS SOCIAIS. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s