TEMAS 2-5. PROPOSTAS DE TRABALLO

Recorda como puntos básicos:

-A presentación do traballo, que debe constar de PORTADA orixinal (título do traballo; nome, apelidos e curso e grupo do autor, e un debuxo ou foto relacionado co tema); ÍNDICE; CONTIDOS RELATIVOS ás cuestións indicadas, e BIBLIOGRAFÍA (fontes manexadas para a realización deste traballo: enciclopedias, libros, páxinas web….).

-É aconsellable acompañar no posible o traballo de imaxes (mapas, planos, fotos, retratos, etc)

-Unha vez contestadas as cuestión, enviar o traballo a: afachadoestevez@gmail.com (ou ben entregalo ao profesor na clase).

-Despois de ser corrixido, deberás facer unha breve exposición ou comentario do teu traballo na clase ante os demais compañeiros.

-VALORARASE: traballos cohesionados e uniformes (nada de “copiar e pegar”), boa calidade de imaxes, correcta selección dos datos, presentación axeitada e ortografía correcta.

Propostas de traballo (escoller unha delas e seguir as pautas correspondentes)

  • “Viaxe ao centro da Terra: novelas e películas”

-Novelas que se basean neste argumento, especialmente a de Xulio Verne.

-Adaptaciones cinematográficas ou televisivas da obra de Verne.

-Comics inspirados na viaxe imaxinada polo escritor francés.

-Outras películas ou series de televisión recentes e que non están directamente baseadas na obra de Xulio Verne.

 

  • “Os volcáns máis importantes do planeta. Erupcións históricas (o Vesubio, o Krakatoa….)”

-Definición e características dunha erupción volcánica

-Tipos de erupcións volcánicas.

-Consecuencias das erupcións.

-Erupcións catastróficas ao longo da historia:

Santorini (época minoica)

O Vesubio e a desaparición de Pompeya e Herculano.

O Krakatoa (1883)

Monte Pelée (1902)

Outras (Nevado Ruíz…..)

 

  • “Terremotos e maremotos na historia da humanidade”

-Causas dos terremotos e maremotos.

-Grandes terremotos e maremotos históricos:

Os terremotos máis catastróficos antes do século XVIII.

Lisboa (1755)

Sumatra (1883)

Sicilia (1903 e 1908)

San Francisco (1906)

China (1920 e 1927)

China (1976)

India (2001)

Irán (2003)

Indonesia (2004)

Pakistán (2008)

China (2008)

Xapón (2011)

-Cales son as principais medidas antisísmicas que se aplican nos países máis expostos aos terremotos na actualidade?

 

  • “A volta ao Mundo…visitando determinados accidentes xeográficos”

-Tes varias opcións: ou investigar acerca dunha viaxe arredor do mundo histórica, ou buscar información sobre a novela “A volta ao mundo en 80 días” (Xulio Verne), ou “inventar” un traxecto imaxinario, describindo os principais accidentes e elementos xeográficos que visitarías (mares, océanos, cordilleiras, ríos, paisaxes, etc…..)

Viaxes históricas máis coñecidas: Expedición de Magallanes-Elcano (século XVI); expedicións de Anson ou de Malaspina (século XVIII); a fragata Amazonas ou a expedición científica de Charles Darwin (século XIX), etc etc.

 

  • “Axencia de viaxes: promociona un continente”
  • “Os grandes exploradores e descubridores: África, Asia, Oceanía, América”
  • “O cine e as catástrofes naturais” (terremotos, cambio climático, erupcións volcánicas, tsunamis…)

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en 1º ESO CIENCIAS SOCIAIS. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s