TEMAS 1-3. A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E O MOVEMENTO OBREIRO : Vocabulario

VOCABULARIO E PERSONAXES HISTÓRICOS.  A Revolución Industrial e o Movemento Obreiro.

 

  • Anarquismo: Doutrina e movemento político e social que rexeita calquera forma de autoridade política ou relixiosa. Os anarquistas son partidario da supresión do Estado, polo que rexeitan a participación política nas institucións e defenden a liberdade absoluta do individuo. Entre os seus pensadores destacaron Proudhon, Bakunin e Kropotkin.
  • Asociación Internacional de Traballadores (AIT): Organización internacional do movemento obreiro, fundada en Londres en 1864, implantándose rápidamente nos anos seguintes en varios países. Os enforntamentos entre os anarquistas de Bakunin e os socialistas de Marx, fixeron que en 1872 foran expulsados os primeiros. A existencia da Internacional reforzou a conciencia de clase dos traballadores.
  • Burguesía: Grupo social poseedor dos medios de producción (terra, capital, empresas e fábricas) que no século XIX fíxose co poder económico e político, cuns intereses propios enfrontados á antiga aristocracia e ás novas clases traballadoras.
  • Capitalismo: Sistema económico e social (con orixes na Idade Moderna), caracterizado pola posesión privada do capital e dos medios de producción, a liberdade de empresa e a liberdade de intercambios, sen intervención do Estado. A propiedade marca a diferenza cos sectores sociais que traballan para os propietarios a cambio dun salario. A consolidación e expansión mundial do capitalismo comezaron a finais do século XVIII.
  • Ludismo: A destrucción de maquinaria e de fábricas nas primeiras fases da industrialización. Os traballadores reaccionaban á competencia inicial da mecanización que empeoraba as súas condicións de traballo. Os primeiros actos luditas tiveron lugar no Reino Unido no século XVIII.
  • Marxismo: Conxunto de teorías e prácticas elaboradas por Marx, Engels e outros pensadores posteriores. O marxismo é unha crítica global da sociedade burguesa, propoñendo que os traballadores se organicen en partidos políticos co obxectivo de conquistar o poder e transformar a sociedade eliminando as diferenzas de clase.
  • Trust: concentración e fusión de empresas e fábricas dedicadas á mesma actividade ou ás distintas fases dun mesmo proceso produtivo coa finalidade de monopolizar a producción dunha mercadoría, ocupar maioritariamente o mercado e regular os prezos. Estas xigantescas corporacións industriais se desenvolveron con forza en EE.UU e Alemaña.

-Charles Townshend: (1674-1738) Exemplo de nobre inglés dedicado á experimentación agrícola e inventor dun sistema de rotacións levado á práctica nas súas propiedades de Norlfok (“Sistema Norlfok”).

John Davison Rockefeller: (1839-1937) Industrial estadounidense cuxa actividade é representativa do capitalismo de finais do século XIX. En 1870 fundou a Standard Oil, un dos principais trust petrolíferos, convertíndose Rockefeller nun dos máis importantes multimillonarios do planeta.

Mijail Bakunin: (1814-1876) Teórico e político revolucionario ruso. Encarcerado e desterrado no seu país, exiliouse o resto da súa vida. Propuxo a abolición do Estado e a colectivización dos instrumentos de traballo, pero non dos seus froitos. Acérrimo inimigo da intervención na política institucional. Considerado como un dos principais teóricos e activistas do anarquismo.

Henry Ford: (1863-1947) Industrial estadounidense creador da empresa automovilística Ford. Introduxo nas súas fábricas a montaxe en cadea (fordismo), que permitiu o abaratamento dos coches, sendo estes máis asequibles para gran parte da poboación.

Krupp e Thyssen: familias de industriais alemáns, fundadoras dalgunhas das maiores empresas mundiais siderúrxicas no século XIX e comezos do XX.

Karl Marx: (1818-1883)  Filósofo, historiador e economista alemán que desenvolveu unha crítica radical e global da sociedade burguesa e capitalista. As súas ideas influiron notablemente no pensamento contemporáneo (Historia, Economía, Filosofía…). A práctica das súas teorías foi decisiva para o movemento obreiro e a política socialista no mundo contemporáneo.

Adam Smith: (1723-1790). Economista británico do século XVIII. Na súa obra “Investigación sobre a natureza e causa da riqueza das nación” (1776) sentou as bases do liberalismo económico (o traballo humano como fonte de toda riqueza, o libre xogo da oferta e da demanda como reguladores do mercado, o rexeitamento de toda intervención estatal nos asuntos económicos…).

George Stephenson: (1781-1848) Enxeñeiro inglés. Deseñou varios prototipos de locomotoras de vapor sobre raís de ferro, sendo considerado o inventor do primeiro ferrocarril moderno.

F.W. Taylor: (1856-1915)  Enxeñeiro industrial estadounidense. Os seus estudos sobre o incremento da produtividade foron básicos na xestión empresarial en EE.UU a principios do século XX. Taylor inventou un sistema de organización e distribución do traballo para aproveitar mellor a actividade do operario co menor esforzo (“taylorismo”).

James Watt: (1736-1819) Enxeñeiro escocés e autor dun dos inventos máis revolucionarios e trascendentais da Historia: a máquina de vapor (1781), o que significou a aparición dunha forza motriz xerada por medios distintos á forza humana ou á animal.

Thomas Alva Edison: (1847-1931) Empresario e inventor estadounidense (patentou máis de mil inventos), destacando as súas contribucións á industria e á tecnoloxía actuais polo desenvolvemento da lámpada eléctrica, o fonógrafo, a película de celuloide, proxectores cinematográficos, etc.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s