TEMAS 1-3. A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E O MOVEMENTO OBREIRO : Actividades sobre a Revolución Industrial e o Movemento Obreiro

ACTIVIDADES DE REPASO:   Debes contestar ás seguintes cuestións e entregalas respostas, ben por escrito, ben enviándoas a afachadoestevez@gmail.com  O prazo de entrega é durante a explicación do tema na clase, tendo como límite ou tope o último día no que se remate dita explicación.  A realización completa e axeitada destas actividades, dentro do prazo correspondente, terase en conta para a túa nota trimestral.

  • Páxinas 10-11. O liberalismo fai unha valoración positiva do capitalismo, mentres que o marxismo fai unha valoración negativa do mesmo. Explica as xustificacións de cada ideoloxía neste caso.
  • Páxinas 12-15: anota os trazos básicos do sistema capitalista. Explica, segundo os textos correspondentes, como valora Adam Smith o novo sistema de división de traballo.
  • Páxinas 16-22: cales eran os principais trazos básicos que explican que a agricultura no Antigo Réxime fora un sector estancado? Resume os cambios máis importantes que se produciron en Inglaterra nas técnicas, nos novos sistemas de cultivo e no réxime de propiedade, que deron lugar á chamada Revolución Agraria?
  • En que consistiron as chamadas desamortizacións?
  • Cales foron as principais características do novo modelo agrario derivado dos cambios aplicados en Inglaterra e noutros países?
  • Páxina 24: que circunstancias favoreceron que a revolución industrial se iniciase en Inglaterra?
  • Páxinas 25-30: cales foron os dous sectores industriais punteiros da I Revolución Industrial? Sinala algunhas das innovacións técnicas máis importantes daqueles.
  • Páxinas 30-32: cales foron os principais avances nos transportes durante a I Revolución Industrial. Explica as distintas consecuencias que trouxeron ditos medios de transporte.
  • Páxinas 32-33: explica por que fracasou a industrialización en Galicia.
  • Que novas formas de asociación económica xurdiron coa II Revolución Industrial?
  • Páxinas 37-39: Que sectores innovadores destacaron na industrialización galega a finais do século XIX?
  • Páxinas 39-40: valora as consecuencias económicas e sociais (tanto as positivas como as negativas) do proceso industrializador. Serías capaz de engadir outras consecuencias que no aparecen no libro de texto?
  • Páxinas 40-43: Que razóns explican o crecemento demográfico do século XIX?
  • Que consecuencias trouxo o éxodo rural? Cara que destino xeográfico emigraron a maior parte dos europeos entre 1821 e 1924? Que importancia tivo o fenómeno da emigración en Galicia?
  • Páxinas 87-88: quen formaba parte do proletariado durante a Revolución Industrial?
  • Páxinas 93-96: cales son as orixes do sindicalismo en Europa?
  • Páxinas 96-97: anota os nomes dos principais socialistas utópicos. Por que son coñecidos con esta denominación?
  • Páxinas 97-102: explica desde o punto de vista marxista conceptos como loita de clases, ditadura do proletariado e plusvalía.
  • Quen e cando fundou o PSOE e a UXT?
Advertisements
Esta entrada foi publicada en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s