TEMAS 2-4. LIBERALISMO E NACIONALISMO: “Comentario do mapa de Europa a finais do s. XIX”

mapa-europa XIX

Comentar un mapa histórico: Europa cara o último cuarto do século XIX

O comentario dun mapa divídese en tres partes: introducción, o comentario propiamente dito e a conclusión.

Para traballar o presente mapa, debes utilizar a información contida no tema 4 sobre as grandes potencias europeas (páxinas 119-139)

  1. Introducción: explica brevemente o momento histórico que representa o mapa (cara 1871, pouco despois das unificacións italiana e alemá.)
  2. Comentario ou explicación do mapa. Esta é a parte máis importante. Debes explicar o tema sobre o que trata o mapa. Neste sentido, e con pequenos cambios na zona balcánica, este foi o mapa político de Europa ata o estoupido da I Guerra Mundial en 1914. Céntrate, polo tanto, e utilizando o teu libro de texto ou outras fontes pertinentes, na análise e comentario da situación política e territorial das grandes potencias ou Estados máis importantes do momento:

A Inglaterra vitoriana (sistema político, peso económico e político no continente, o problema de Irlanda); o final do II Imperio francés e a III República (sistema político e principais feitos); os dous novos Estados italiano e alemán (resumir os procesos de unificación correspondentes; breve referencia aos chamados sistemas bismarckianos); o imperio austrohúngaro (problemas, modelo político, alianzas…); os novos estados balcánicos. Breve alusión, como remate, aos imperio ruso e otomán, respectivamente.

É importante que vaias relacionando toda esa información coas fronteiras representadas no mapa (Estados que desapareceron, Estados novos, cambios nas fronteiras…)

  1. Conclusión: debes facer unha valoración xeral da información que nos ofrece o mapa. ¿Houbo outros cambios nas fronteiras europeas con posterioridade a 1871 e antes da IGM? ¿cando e como resultado de que feitos? ¿En que consistía o chamado problema das nacionalidades?  ¿Qué conclusións sacas dos réximes políticos que existían na Europa de finais do XIX?
Advertisements
Esta entrada foi publicada en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s