TEMA 1 A EUROPA FEUDAL. PROPOSTAS DE TRABALLO

Recorda como puntos básicos:

-A presentación do traballo, que debe constar de PORTADA orixinal (título do traballo; nome, apelidos e curso e grupo do autor, e un debuxo ou foto relacionado co tema); ÍNDICE; CONTIDOS RELATIVOS ás cuestións indicadas, e BIBLIOGRAFÍA (fontes manexadas para a realización deste traballo: enciclopedias, libros, páxinas web….).

-É aconsellable acompañar no posible o traballo de imaxes (mapas, planos, fotos, retratos, etc)

-Unha vez contestadas as cuestión, enviar o traballo a: afachadoestevez@gmail.com (ou ben entregalo ao profesor na clase).

-Despois de ser corrixido, deberás facer unha breve exposición ou comentario do teu traballo na clase ante os demais compañeiros.

-VALORARASE: traballos cohesionados e uniformes (nada de “copiar e pegar”), boa calidade de imaxes, correcta selección dos datos, presentación axeitada e ortografía correcta.

Propostas de traballo (escoller unha delas e seguir as pautas correspondentes)

  • “Os castelos na Idade Media“ A orixe dos castelos e fortalezas medievais. Funcións dos castelos. Tipos de castelos. Partes fundamentais das fortalezas medievais (foxos, torreóns, torre da homenaxe, patio de armas, murallas….). Diferenzas entre os castelos cristiáns e os castelos árabes. Evolución do castelo ao longo da Idade Media. Exemplos de castelos famosos medievais. Por que se deixaron de levantar estas fortalezas a finais do XV e foron substituídas por novos tipos de fortificacións?
  • “Biografías: Mahoma, Carlomagno….” Recorda que é un tipo especial de traballo. Unha vez escollido o personaxe, deberás completar por escrito unha ficha-resumo cos datos máis importantes (datas de nacemento e norte; lugar de nacemento; datos persoais do personaxe (familia, matrimonio, descendencia…): a importancia histórica do mesmo; a pegada na cultura de dito personaxe (libros, películas, series, etc, baseadas na súa vida). Pero o interesante é que á hora de expoñelo o prantexes de forma dramatizada (ou ben, un pequeno audiovisual que graves co móvil/cámara facéndote pasar polo personaxe, a modo de monólogo ou de entrevista; ou ben facendo unha pequena actuación na aula meténdote no pel do personaxe histórico)
  • “Assassin´s Creed e a Idade Media”: datos técnicos do videoxogo (nacionalidade, ano, deseñadores….). Resumo do argumento. RELACIONAR O HISTÓRICO (Orde dos Templarios, Imperio Bizantino, as Cruzadas, personaxes que existiron na realidade….) co videoxogo. ACOMPAÑAR O TRABALLO DE IMAXES DO XOGO CON MONUMENTOS, BATALLAS, ARMAS, CIDADES e comentar a súa relación coa historia medieval. Se o traballo queda curto, completalo con outros xogos semellantes sobre a Idade Media.
  • “Os viquingos“ A orixe dos viquingos (de onde procedían e en que época organizaron as súas expedicións); principais expedicións vikingas como saqueadores; principais exploracións viquingas (Islandia, Grenlandia, Vinlandia..); características dos seus barcos; vida cotiá e còstumes (os seus poboados e vivendas, vestimenta, armas, adornos, etc); a relixión viquinga antes de convertirse ao cristianismo; a presenza viquinga en Galicia; o impacto ou pegada dos viquingos na cultura popular (libros, lendas, películas, series, comics….)
  • “A vida cotiá na Idade Media”: podes plantexar o teu traballo de moitas maneiras:

Describir ou narrar un día na vida dun monxe, un nobre ou un campesiño (dende que se levantan ata que se acostan: que se poñen de roupa, as súas comidas, tarefas, actividades, características das vivendas….)

Buscar imaxes representativas da vida dos tres estamentos e comentalas: vivenda, tarefas, etc.

Facer un traballo con apartados sobre a moda (masculina e feminina), as vivendas, a dieta alimenticia, as actividades…correspondentes a cada un dos grupos estamentais.

Elaborar un “catálogo” publicitario sobre a vida cotiá dos distintos grupos sociais da Idade Media (mobles, complementos, roupa e calzado, sombreiros, alimentos….)

Advertisements
Esta entrada foi publicada en 2º ESO CIENCIAS SOCIAIS. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s