TEMAS 2-4. LIBERALISMO E NACIONALISMO: Vocabulario

  • Absolutismo: Forma de goberno das monarquías da Idade Moderna. O rei ou soberano era considerado un representante de Deus na Terra (“monarquía de orixe diviña”). O monarca concentraba os poderes fundamentais (lexislativo, executivo e xudicial) e encarnaba ao Estado.
  • Despotismo Ilustrado: nome que recibiron algunhas monarquías europeas de finais do s. XVIII (Francia, España, Prusia, Austria…), nas que se combinaba o poder absoluto dos monarcas cunha política de reformas económicas, culturais, hixiénicas, etc. O seu lema era “Todo para o pobo, pero sen o pobo”.
  • Liberalismo: ideoloxía política e económica xurdida no século XVIII e baseada nas ideas de filósofos e conomistas como Locke, Montesquieu, Rousseau ou Adam Smith. Defende un réxime baseado nas liberdades e dereitos dos cidadáns, recollidos en constitucións elaboradas polos representantes daqueles, a división ou separación dos tres poderes e a participación do pobo na política. Foise espallando polo mundo occidental ao longo do s. XIX. Palabra de orixe española.
  • Nacionalismo: doutrina e movemento político baseado na conciencia ou desexo de formar unha comunidade nacional por razóns étnicas, históricas, lingüísticas ou culturais. Durante o XIX o nacionalismo tivo como obxectivo a formación de novos Estados (Bélxica, Grecia, Italia, Alemaña…) ou o reforzamanto da cohesión nacional dos Estados tradicionais (Francia, España…)
  • Congreso de Viena e a Santa Alianza: reunión e acordo diplomático asinado en 1815 trala derrota definitiva de Napoleón, e que reorganizou o mapa europeo e asegurou a restauración do absolutismo. Foi asinado polas potencias que venceron a Francia (Reino Unido, Prusia, Rusia e Austria)

A Santa Alianza

-M. Robespierre: (1758-1794) Avogado e político francés. Principal líder dos xacobinos durante a Revolución Francesa, dirixente do Comité de Salvación Pública, que gobernou ditatorialmente o país durante a época da Convención. Foi guillotinado pola súa violenta e radical política do Terror, poñéndose fin coa súa morte á república igualitaria e xacobina.

-George Washington: (1732-1799). Militar e político estadounidense. Foi un dos principais líderes da oposición dos colonos norteamericanos á política británica, sendo nomeado comandante en xefe do exército rebelde durante a Guerra de Independencia ou Revolución Norteamericana. Foi elixido como o primeiro presidente dos EE.UU en 1789, cargo que ocupou ata 1797. Durante o seu mandato creáronse as principais institucións estadounidenses así como a Constitución norteamericana.

-Napoleón Bonaparte: (1769-1821) Militar francés de orixe corsa. Ascendeu a xeneral durante as guerras revolucionarias. Cónsul vitalicio co cambio de século, proclamouse emperador dos franceses en 1804. Combinou xenio militar e político, con múltiples reformas. Despois de conquistar media Europa, foi derrotado definitivamente en Waterloo en 1815, morrendo exiliado na illa británica de Santa Elena.

Vitoria I de Inglaterra: (1819-1901) Foi raíña do Reino Unido dende 1837 ata a súa norte e emperatriz da India dende 1877. O seu reinado de case 64 anos foi o máis longo da historia británica (época victoriana), un período de crecemento industrial, cambios políticos e expansión do Imperio británico. A maior parte das casas reais europeas estiveron emparentadas coa chamada “Avoa de Europa”.

-Otto von Bismarck: (1815-1898) Aristócrata e político alemán. Foi o principal impulsor da unificación alemá e da configuración do Imperio alemán ou II Reich como a primeira potencia continental europea. Foi coñecido co alcume do “chanceler de ferro”

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s