TEMAS 2-4. LIBERALISMO E NACIONALISMO: “Actividades de repaso”

 

 

  1. Resume as principais diferenzas (sociais, económicas, políticas, culturais…) entre a Europa do Antigo Réxime e a Europa actual do século XXI.
  2. Explica coas túas propias palabras en qué se diferenza un estamento social dunha clase social.
  3. Clero e nobreza ou aristocracia siguen existindo na España actual….pero en qué se distinguen dos grupos do mesmo nome que existían no século XVIII?
  4. Quen foron os principais teóricos do Antigo Réxime (pensadores, filósofos, teólogos…) que defendían o poder absoluto dos monarcas europeos? Como xustificaban aqueles que os súbditos dun reino tiñan que obedecer aos seus monarcas?
  5. Pensa un pouco…en realidade era tan “absoluto” o poder dos monarcas no Antigo Réxime? Tiñan algunha limitación?
  6. En pleno século XXI….Existen monarquías absolutas ou autoritarias? Pon exemplos.
  7. Cal foi a primeira monarquía europea en cambiar o modelo absolutista por unha monarquía de tipo parlamentaria?
  8. Cales foron as principais ideas políticas do filósofo inglés John Locke?
  9. Que outros pensadores son considerados como os principais representantes da Ilustración e precursores do liberalismo? Anota as súas principais ideas.
  10. Que matizacións políticas introduciu o despotismo ilustrado no seu momento? Escribe o nome de varios monarcas europeos do XVIII representativos daquel fenómeno.
  11. Enumera os principios básicos e as institucións máis importantes da ideoloxía liberal.
  12. En qué se diferenza o sufraxio censatario ou restrinxido do sufraxio universal?
  13. Pon un exemplo actual dunha monarquía constitucional, dunha monarquía parlamentaria, dunha república presidencialista e dunha república parlamentaria, respectivamente.
  14. Consulta o libro, razoa e argumenta: Por qué é tan complexa e peliaguda (aínda na nosa época) a definición do termo nación? Que outras palabras semellantes se usan aproximadamente como sinónimos daquela?
  15. Cales son as catro principais fundamentacións teóricas nacionalistas? Explica brevemente as peculiaridades de cada unha e pon un exemplo axeitado (fenómeno histórico, pensador, movemento nacional…..)
  16. Que diferenzas existen entre os nacionalismos de consolidación e os de afirmación? Que tres fases básicas existen nos movementos nacionalistas? Exemplifícaas no caso de Galicia, se es capaz.
  17. Razoa…Podemos dicir que todos os movementos nacionalistas son homoxéneos? Por qué?
  18. Que movementos nacionalistas importantes coñeces na nosa época actual?
  19. Contra quen loitaron os colonos norteamericanos entre 1776 e 1783 para conseguir a súa independencia?
  20. Analiza os documentos 13 e 14 do teu libro. Anota as principais novidades políticas (non copies, resúmeas) con respecto ao sistema do Antigo Réxime.
  21. Indica ou anota as principais razóns que levaron á Revolución Francesa de 1789.
  22. Anota as tres etapas ou períodos históricos básicos do proceso revolucionario francés coas súas subetapas e as súas datas correspondentes.
  23. Que importancia histórica tivo a Declaración dos dereitos do home e do cidadán? Explica coas túas propias palabras os artigos máis destacables da mesma (documento 22).
  24. Como accedeu o xeneral Napoleón Bonaparte ao poder en Francia? Entre que datas foi o seu máximo dirixente?
  25. Consulta o mapa da páxina 74 e a información correspondente. Que territorios anexionou Bonaparte durante o seu mandato? Que países dependían da política francesa? Que Estados se opuxeron con máis firmeza contra o emperador? Cales foron as principais batallas durante este período histórico?
  26. Con qué feito histórico coincide no noso país o inicio da Revolución Liberal Española? Cal foi o momento cume da mesma nesa época?
  27. En 1815 iniciouse en Europa unha etapa denominada Restauración. Cales foron os seus fundamentos ideolóxicos? Que institución ou tratado representaba aos seus principais defensores? Que político foi o máis destacado artífice da Restauración?
  28. Resume os obxectivos básicos dos movementos revolucionarios en 1820, 1830 e 1848, respectivamente. Cales foron os feitos máis destacados en cada onda revolucionaria?
  29. Que tipo de monarquía foi a característica dos Estados burgueses do s. XIX? Indica os seus trazos máis destacados.
  30. Que foi o movemento sufraxista? Cando se recoñeceu o dereito ao voto das mulleres en España?
  31. Cales eran as principais características do sistema bipartidista británico do século XIX? Indica os trazos máis significativos da sociedade vitoriana.
  32. Por que a chamada “cuestión irlandesa” foi un dos principais problemas da política británica nos séculos XIX e XX? Como é a situación política na illa de Irlanda a principios do século XXI?
  33. Indica brevemente os principais feitos políticos que tiveron lugar en Francia entre os anos 1851 e 1914. Na actualidade, Francia é unha república ou unha monarquía?
  34. Unificación italiana e unificación alemá: indica, respectivamente en cada proceso, os factores, as etapas, os protagonistas e os acontecementos máis significativos. En que data se deu por concluída a unificación de Italia e de Alemaña? Que forma de Estado adoptaron? Que forma de Estado teñen na actualidade?
  35. En que consistían os obxectivos dos chamados sistemas bismarckianos?
  36. Cal era o principal problema do Imperio austro-húngaro? Que países europeos actuais formaron parte daquel ata 1919?
  37. Que novos Estados xurdiron na zona dos Balcáns con anterioridade á Primeira Guerra Mundial? Que potencia rexional perdeu territorios a costa deste proceso?
  38. Por último, que películas históricas relacionadas co estudado no tema podes recordar? Con que feitos concretos están relacionadas ou son representativas dos mesmos?  Coñeces algunha delas?
Advertisements
Esta entrada foi publicada en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s