TEMAS 11-12-13 “GUERRA FRÍA E DESCOLONIZACIÓN. O MUNDO ENTRE 1945 E 1990” Actividades de repaso

Aquí tes unha serie de cuestións a traballar, consultando os temas correspondentes do teu libro de texto. É unha actividade voluntaria. Podes contestalas por escrito ou envialas a: afachadoestevez@gmail.com

Cuestións sobre a Guerra Fría e a Descolonización:

  1. Cales foron as principais alianzas militares que se formaron durante a Guerra Fría?: 
  2. Cando e con qué finalidade se levantou o Muro de Berlín? 
  3. En que dous Estados permaneceu dividida a antiga Alemaña entre 1949 e 1990?:
  4. Que significado ten o concepto guerra fría?:
  5. Que formas de enfrontamento non directas utilizaron os dous bloques durante a Guerra Fría?:
  6. Cal era o principal obxectivo da chamada Doutrina Truman?
  7. Que foi o Plan Marshall?:
  8. Cita as principais crises  que se deron durante o período de máxima tensión da Guerra Fría:
  9. Que foi a chamada “caza de bruxas”?:
  10. Cal foi o motivo da chamada crise do canal de Suez de 1956?:  
  11. Que foi o movemento dos países non aliñados?:
  12. Que conflitos internos sufríu o bloque comunista durante a época da coexistencia pacífica?:
  13. Como e cando chegou ao poder en Cuba Fidel Castro?  que tipo de réxime instaurou na illa?: 
  14. Cal foi o conflito máis perigoso da guerra fría? A que líderes internacionais enfrontou?: 
  15. Cales foron as principais consecuencias da Guerra de Vietnam (1965-1975)?: 
  16. Cales foron os principais conflitos bélicos que provocou ata o momento o chamado conflito árabe-israelí?: 
  17. Que dous feitos históricos fixeron de 1979 un ano clave para a recrudescencia da tensión entre as potencias?:  
  18. Quen chegou ao poder en Irán en dito ano e que típo de réxime instaourou?:
  19. Que presidente norteamericano dos anos 80 caracterizouse pola súa dureza e agresiva fronte ao bloque soviético?:
  20. Que factores levaron ao debilitamento da URSS na década de 1980?:
  21. Que dous feitos producidos en 1991 simbolizaron a finalización da guerra fría?:
  22. Que período histórico abrangueu, aproximadamente, a descolonización?:
  23. Cales foron as principais causas da descolonización?:
  24. Cita a algúns dos líderes principais da descolonización:
  25. Que importancia tivo a Conferencia de Bandung de 1955 no proceso descolonizador?:
  26. Que dous modelos distintos de proceso descolonizador se deron en Asia?:
  27. En que dous Estados se dividiu a antiga colonia da India británica?:  
  28. Que novos Estados xurdiron na antiga colonia francesa de Indochina?: .
  29. A que se debeu a conflitiva descolonización do Oriente Próximo?:
  30. Cales son as raíces históricas do problema palestino?:
  31. Que dous grupos políticos palestinos gobernan na actualidade nos territorios autónomos recoñecidos en 1991?:
  32. Quen gobernou de forma ditatorial en Irak entre 1979 e o 2003?:
  33. Que antiga colonia francesa do norte de África tivo un proceso descolonizador sanguento e violento?:
  34. Que dous países europeos recoñeceron a independencia do reino de Marrocos en 1956?:
  35. Cal foi a última colonia española no continente africano?:
  36. Cales foron os principais problemas cos que se atoparon os novos países descolonizados?:
  37. Con que outros termos se coñece aos países do Terceiro Mundo?:
  38. Cales son as principais características do subdesenvolvemento?:
  39. Que é o neocolonialismo?:
Advertisements
Esta entrada foi publicada en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s