CC SS 3º ESO 1314 “Propostas de traballo dos temas 6 e 7”

3º ESO. GUIÓN-PROPOSTA DE TRABALLO: Temas 6 e 7

Recorda como puntos básicos:

-A presentación do traballo, que debe constar de PORTADA orixinal (título do traballo; nome, apelidos e curso e grupo do autor, e un debuxo ou foto relacionado co tema); ÍNDICE; CONTIDOS RELATIVOS ás cuestións indicadas, e BIBLIOGRAFÍA (fontes manexadas para a realización deste traballo: enciclopedias, libros, páxinas web….).

-É aconsellable acompañar no posible o traballo de imaxes (mapas, planos, fotos, retratos, etc)

-Unha vez contestadas as cuestión, enviar o traballo a: afachadoestevez@gmail.com (ou ben entregalo ao profesor na clase). O prazo de entrega é de UNHA SEMANA a partires da entrega ao alumno da ficha de traballo.

-Despois de ser corrixido, deberás facer unha breve exposición ou comentario do teu traballo na clase ante os demais compañeiros.

-VALORARASE: traballos cohesionados e uniformes (nada de “copiar e pegar”), boa calidade de imaxes, correcta selección dos datos, presentación axeitada e ortografía correcta.

Propostas de traballo (escoller unha delas e seguir as pautas correspondentes)

  • “As multinacionais españolas: Inditex, Telefónica, Repsol, Pescanova…”  Investigar as súas orixes e fundador/es; número de empregados; productos ou servizos; sé central; capital económico; países nos que está presente; importancia da súa actividade…..
  • “Os produtos con denominación de orixe en España/Galicia”  Dende cando se utilizan as denominacións de orixe e principais exemplos, buscando información ou ben de distintos tipos de productos (queixos, carnes, aceites, viños….) ou ben comentando as principais denominacións segundo cada comunidade autónoma española.
  •  “A silvicultura” Podes traballar o tema a nivel xeral con respecto a esta actividade económica en toda España, ou ben a nivel particular analizando a importancia deste sector en Galicia (productos, zonas, empresas, emprego xerado….)
  • “A minería en España/Galicia” Incluír unha breve análise histórica da minería no noso país (dende a Idade dos Metais ata o século XXI), comentando os principais minerais explotados no noso país (enerxéticos e non enerxéticos), e o estado actual da minería en España e Galicia (proxectos, dificultades, minerais explotados hoxe en día, empresas máis importantes….)
  • “As fontes de enerxía non renovables e renovables en Galicia”
  • “A industria automobilística en España” As orixes do automóbil en España. Empresas e empresarios relacionados co mundo do automóbil no noso país (a Hispano-Suíza, Pegaso-Iveco, SEAT, o empresario galego Barreiros….). Multinacionais estranxeiras deste sector presentes en España. A industria automobilística na actualidade (produción, niveis de exportación, traballos e empregos relacionados….)
  • “O sector turístico” Evolución do turismo español dende mediados do século XX ata a actualidade. Tipos de actividades turísticas. Importancia económica deste sector. O turismo dende un punto de vista sociolóxico (o seu impacto na cultura popular, no cine e na literatura, nos hábitos dos españois…..)
  • “A importancia da pesca, marisqueo e acuicultura galegas”
  • “A industria alimentaria en Galicia na actualidade” Organizar por tipos de productos (peixe, lácteos, cárnicas, conservas…..)
  • “Comunicacións e transportes en Galicia” Breve análise das comunicacións e transportes en Galicia. Estado na actualidade das principais infraestruturas aeroportuarias, portuarias, ferroviarias e por terra.(estradas e autoestradas).
Advertisements
Esta entrada foi publicada en 3º ESO CIENCIAS SOCIAIS. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s