TEMA 10. A II GUERRA MUNDIAL: “Vocabulario sobre a IIGM”

VOCABULARIO E PERSONAXES HISTÓRICOS. A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL

  • Eixe : Nome que se deu á colaboración entre a Alemaña nazi e a Italia fascista entre 1936 e 1945. Durante a IIGM empregouse o termo “potencias do Eixe” (Roma-Berlín-Tokio) referido a Alemaña, Italia, Xapón e os seus aliados.
  • Anschluss: Termo  alemán que significa “unificación”, empregado polos partidarios de incorporar a Alemaña o territorio austríaco. Austria foi anexionada á forza polo Terceiro Reich o 13 de marzo de 1938, e non recuperou a súa independencia ata despois da II Guerra Mundial
  • Blitzkrieg ou guerra lóstrego: nova táctica militar ideada polos alemáns e baseada na combinación de grandes formacións de tanques (panzer) con apoio dos ataques en picado da aviación, sendo os tanques e os blindados as estrelas dos combates terrestres, permitindo a Alemaña obter contundentes e rápidas victorias ao principio da guerra. Posteriormente, foi imitada polo resto dos países.
  • Liña Maginot:Conxunto de fortificacións francesas, construídas entre 1929 e 1934, que percorrían a fronteira oriental de Francia desde Luxemburgo ata Suíza.
  • Táctica de “terra queimada”:Destrución premeditada de todos os bens presentes nun territorio antes de que este caia en mans do inimigo, dificultando a ocupación e control do país.
  • Kamikaze: Palabra de orixe xaponesa (“vento diviño”) que fai alusión aos pilotos suicidas que atacaron á flota norteamericana nas últimas fases da IIGM no Pacífico, co fin de deter o avance aliado cara as Illas do Xapón. Por extensión, na actualidade emprégase para determinados tipos de terroristas que se autoinmolan nos seus actos.
  • Colaboracionismo: Política de apoio á Alemaña nazi durante a II Guerra Mundial. Foi seguida por diversos gobernos e movimentos políticos na Europa ocupada polos exércitos alemáns. En Francia estivo representada polo goberno de Vichy do mariscal Petain
  • Partisanos: Grupos de civís armados, organizados contra o ocupante alemán.. Tamén coñecidos como guerrilleiros, resistentes ou “maquis” (en Francia).
  • Gueto: Barrio ou suburbio no que viven obrigatoriamente os xudeus segundo as directrices dos ocupantes nazis, co fin de que estean segregados do resto da poboación e en condicións infrahumanas, como no gueto de Varsovia.
  • Xenocidio e Holocausto: Xenocidio é un termo que se refire á política sistemática de exterminio de minorías étnicas, relixiosas ou política.. Holocausto foi o xenocidio nazi (“a solución final”) que provocou o exterminio de preto de 6 millóns de xudeus durante a II Guerra Mundial

-Winston Churchill: (1874-1965) Político, estadista, escritor e historiador británico. Dirixiu o Reino Unido como primeiro ministro durante a maior parte da Segunda Guerra Mundial, destacando pola súa oposición ao nazismo. Xunto con Roosevelt e Stalin, deseñou o futuro de Europa trala guerra. Recibíu o Premio Nóbel de Literatura en 1953. Destacou, ademais, pola súa brillante oratoria e célebres frases sobre distintos feitos históricos.

Petain: Henri Philippe Petain (1856-1951). Militar e político francés. Comandante en xefe do exército francés na IGM, e heroe da batalla de Verdún. En 1940, o mariscal Petain foi nomeado primeiro ministro do goberno de Vichy, trala invasión alemá. Acusado de colaboracionista cos nazis, foi condeado a morte. Morreu na cadea aos 95 anos.

Rommel: Erwin Rommel (1891-1944). Militar alemán que durante a IIGM estivo ao mando do exército do norte de África (Afrika Korps). Pola súa brillante estratexia foi alcumado polos británicos como “el zorro del desierto”. Ascendido por Hitler a Mariscal de Campo, foi encargado posteriormente das defensas do Muro do Atlántico. Sospeitoso de participar no complot contra Hitler (“Operación Walkiria”), foi obrigado a suicidarse.

Eisenhower: Popularmente coñecido como “Ike”, Eisenhower (1890-1969) foi un prestixioso militar norteamericano que se convertíu no comandante supremo das forzas aliadas durante a IIGM. Planificou o Desembarco de Normandía, e posteriormente sería presidente dos EE.UU en plena Guerra Fría, entre 1953 e 1961.

De Gaulle: (1890-1970) Militar e político francés. Despois da derrota francesa de 1940, fuxíu ao Reino Unido defendendo a idea de continuar a guerra contra a Alemaña nazi fronte á postura colaboracionista do réxime do mariscal Petain. Presidente de Francia en 1945 e entre 1958-69, fundaría a Quinta República francesa.

Bernard Law Montgomery: (1887-1976). Mariscal do exército británico, dirixíu as operación aliadas no norte de África, derrotando a Rommel. Formou parte do mando aliado nos desembarcos de Sicilia e de Normandía. Despois da guerra, formou parte do alto mando da OTAN.

Friedrich von Paulus: (1890-1957). Mariscal de campo alemán, dirixíu os exércitos que combateron en Stalingrado; a negativa de Hitler a retroceder obrigou a unha mortal resistencia que rematou coa capitulación en xaneiro de 1943. Pasou trala derrota, prisioneiro dos soviéticos, a criticar o esforzó de guerra dos nazis.

Zhúkov: (1896-1974). Gueorgui Konstantinovich Zhúkov foi mariscal do Exército Vermello, destacado nas Batallas de Moscova e Stalingrado. Dirixíu os exércitos que entraron en Berlín e derrotaron aos nazis. Despois da guerra, ao ser tan popular, foi apartado de cargos de responsabilidade na URSS.

 

 

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s