TEMA 10. A II GUERRA MUNDIAL: “Actividades sobre a IIGM”

ACTIVIDADES DE REPASO: A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL

 

  1. Páxinas 280-287. Enumera ou cita os principais factores que incrementaron a agresividade internacional nos anos trinta e que provocaron a IIGM.
  2. Fíxate no cadro da evolución das alianzas internacionais. Indica cales foron os principais cambios, antes e durante o conflito mundial. Cal foi a actitude dos EE UU?.
  3. Páxinas 284-285. Cita as principais alianzas e pactos asinados por Alemaña con outras potencias antes do estoupido da IIGM. Por qué Alemaña e a URSS se convertiron en aliados en agosto de 1939?
  4. Fíxate no cadro da páxina 287. Cales foron os principais Estados agresores antes do estoupido da IIGM?  Que acontecemento iniciou ese conflito en Europa en setembro de 1939?
  5. Páxinas 287-296.  Indica cales foron as dúas grandes fases da IIGM, así como algúns dos acontecementos máis destacados de cada unha delas (campañas militares, batallas….)
  6. Páxina 292. Cando e por qué os EE UU entraron na guerra?  Que consecuencias trouxo isto para o bando Aliado?
  7. Páxinas 296-298. Que novas armas e estratexias destacaron na IIGM?
  8. Páxinas 298-299. Que Estados ou réximes colaboraron cos nazis?  En que zonas de Europa houbo fenómenos de resistencia ou actividade guerrilleira?
  9. Páxinas 300-301. Quen foron levados aos campos de concentración nazis? Cantas persoas se calcula que foron exterminadas neles?
  10. Páxinas 302-305. Indica cales foron os principais encontros ou conferencias entre os líderes Aliados durante e despois da guerra. Que políticos interviron nelas?  Cal desas conferencias marcou a organización do mundo durante case medio século? Cales eran as ideas esenciais defendidas polos tres grandes líderes aliados?
  11. Páxinas 306-309. Cando se fundou a ONU e cales son os seus obxectivos básicos. Indica os principais organismos dos que consta esta institución.
  12. Páxina 309. Cando foi aprobada a Declaración Universal dos Dereitos Humanos?  Que importancia ten este documento?
  13. Por último, que películas históricas relacionarías co tema estudado?  Coñeces algunha delas?

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s