TEMA 9. OS FASCISMOS “Comentario de texto: Mein Kampf (Adolf Hitler)”

Aprendo a comentar un texto histórico: “Mein Kampf”

Para comentar un texto histórico hai que seguir un patrón ou método, cuns apartados determinados.

Como recomendacións xerais, recorda que:

  • É interesante que anotes ou subliñes no momento de ler todo tipo de información básica que che axude a facer o comentario. Tamén podes anotar o que consideres de interese nas marxes do documento.
  • Tamén é recomendable que numeres as liñas ou párrafos do documento: non se debe repetir as palabras do texto, senón comprendelas, analizalas e referirte a elas (“este principio ou idea está recollido n aliña 6….no segundo parágrafo reflíctese a cuestión de….”).
  • Podes facer un breve esquema antes de empezar o comentario, para ter claras as ideas a desenvolver.

Feitos estes preliminares, xa podemos proceder aos pasos básicos do comentario de texto histórico:

  1. Breve introducción (unhas poucas liñas), a modo de presentación xeral do que vas comentar e así facilitarche a tarefa de empezar a redactar.
  2. Natureza do texto segundo a forma (informativos como crónicas, noticias, manifestos, informes, tratados; narrativos, como os relatos, as memorias, as autobiografías; e xurídicos, como as leis, constitucións, decretos ou tratados internacionais), segundo o contido (político, económico, cultural, social, bélico….), e segundo a súa orixe (fontes primarias: documentos coetáneos, da época; fontes secundarias: textos que analizan un acontecemento con posterioridade a que este se producise).
  3. Falar do autor (explicar a importancia histórica do mesmo e a quen se dirixe o mesmo no documento) e do momento histórico (contexto no que xurde ou se redactou o documento)
  4. Análise do texto: trátase de desenvolver unha redacción na que debes indicar os antecedentes ou factores do feito histórico correspondente, o momento histórico no que se sitúa e a importancia do mesmo, a idea principal (o obxectivo central do documento) e as ideas secundarias, así como explicar as institucións, personaxes ou feitos concretos que inclúa o texto.
  5. Conclusión. Aquí facemos un pequeño resumo da influencia do texto e do seu autor na sociedade da época ou na súa evolución posterior, sen divagar nos feitos posteriores que non se axusten ao contexto do documento.

O Documento a comentar:

Se halla precisado con claridad el camino que el ario tenía que seguir. Como conquistador sometió a los hombres de raza inferior y reguló la ocupación práctica de éstos bajo sus órdenes, conforme a su voluntad y de acuerdo con sus fines. (…) La mezcla de sangre, y por consiguiente, la decadencia racial son las últimas causas de la desaparición de viejas culturas; pues los pueblos no mueren por consecuencia de las guerras perdidas, sino debido a la aniquilación de aquella fuerza de resistencia que sólo es propia de la sangre contaminada. (…)

“El judío se hace intempestivamente liberal y se muestra un entusiasta del progreso necesario a la humanidad. (…) Pero lo cierto es que él continúa destruyendo radicalmente los fundamentos de una economía realmente útil al pueblo. Indirectamente, adquiriendo acciones industriales, se introduce en el círculo de la producción nacional. (…) Para reforzar su posición política, el judío trata de eliminar las barreras establecidas en el orden social y civil que todavía le molestan a cada paso. (…) Se empeña, con la tenacidad que le es peculiar, a favor de la tolerancia religiosa y tiene en la francmasonería, que cayó completamente en sus manos, un magnífico instrumento para cohonestar y lograr la realización de sus fines. (…) Con rara perseverancia y suma habilidad sabe el judío apoderarse de la prensa, mediante cuya ayuda comienza paulatinamente a cercar y a sofisticar, a manejar y a mover el conjunto de la vida pública (…) Si bien es cierto que a menudo fomenta el matrimonio de judías con cristianos influyentes, en cambio, sabe mantener pura su descendencia masculina. Envenena la sangre de otros, en tanto que conserva incontaminada la suya propia. (…)

Para disimular sus manejos y adormecer a sus víctimas no cesa de hablar de la igualdad de todos los hombres, sin diferencia de raza ni color. Los imbéciles se dejan persuadir (…) Nunca será suficientemente rebatida la absurda creencia de que del sufragio universal puedan salir genios…El parlamentarismo democrático de hoy no tiende a constituir una asamblea de sabios, sino a reclutar más bien una multitud de nulidades intelectuales, tanto más fáciles de manejar cuanto mayor sea la limitación mental de cada uno de ellos”.

Adolf Hitler, “Mein Kampf” (“A miña loita”, fragmentos seleccionados), 1924.

Proposta solucionada ou modelo orientativo para comentar o documento:

-Introducción:

Trala I Guerra Mundial, o parlamentarismo e a democracia entraron en crise en Europa. En menos de vinte anos, pódese falar dunha creba xeral do sistema liberal na maior parte do continente, dando paso a diversos réximes antidemocráticos. As causas xerais desta crise foron variadas, destacando o impacto da crise económica de 1929 e da Gran Depresión, o descontento en países como Italia e Alemaña polo resultado da guerra e dos tratados de paz, e o espallamento das doutrinas antiliberais de signo oposto (comunismo soviético e fascismo).

As formas máis extremas do antiparlamentarismo foron os fascismos. Benito Mussolini fíxose co poder en Italia em 1922, considerándose como o fundador deste movemento. Por extensión, denomínanse fascistas a todos os réximes e movementos semellantes, sendo os de Italia e a Alemaña nazi os casos máis importantes. Entre as características esenciais do fascismo destaca o rexeitamento do sistema parlamentario e liberal, a supremacía do Estado fronte ao individuo, o emprego da violencia e da represión, a importancia da propaganda e do adoutrinamento e un forte contido racista (antisemitismo), especialmente no caso do Partido nazi alemán. Do triunfo destes movementos, sobre todo en Italia e Alemaña, xurdiron réximes ditatoriais represores e agresores que foron responsables, en gran medida, da II Guerra Mundial.

-Natureza do texto:

Trátase dun texto informativo (extractos ou fragmentos da obra autobiográfica e ideolóxica do “Mein Kampf”, escrito por Hitler), de contido político e ideolóxico (foi redactado polo autor no cárcere, tralo intento frustrado de golpe de Estado de 1923) e clasifícase como fonte primaria e coetánea,  xa que foi redactado nos meses que permaneceu Hitler na cadea, publicándose a obra en 1924, e é un documento público (este libro foi reeditado en varias ocasións e durante o Terceiro Reich era unha das principais lecturas do réxime nazi).

-Importancia do autor:

Adolf Hitler,(1889-1945) foi un político alemán de orixe austríaca e principal dirixente do Partido Nacionalsocialista dos Traballadores Alemáns (Nazi). Combatíu no exército alemán durante a IGM, pasando á actividade política durante a época de entreguerras. Defensor dunha ideoloxía violenta, antidemocrática e antisemita, tentou tomar o poder pola forza mediante un golpe de Estado en 1923 (“putsch de Munich), fracasando no mesmo, e sendo condeado a varios meses de cárcere. Tralo intento de 1923, optaría por chegar ao goberno combinando a participación no sistema parlamentario co emprego da violencia nas rúas e a demagoxia. Implantou unha ditadura despiadada trala súa chegada ao poder en 1933. dirixiu unha política exterior expansionista e agresiva, que culminou no estoupido da II Guerra Mundial. O seu feroz antisemitismo desencadeou o xenocidio de 6 millóns de xudeus. Suicidouse nos últimos días da guerra, en 1945.

-Análise do texto: o contexto histórico

O período de entreguerras foi testemuña en Europa de tres grandes fenómenos históricos: a crise da democracia parlamentaria, a consolidación da URSS e a auxe dos fascismos.

O termo fascismo tivo a súa orixe en Italia, pasando despois a denominar aos réximes e movementos emparentados coa ditadura de Benito Mussolini. O nazismo alemán amosou moitos dos signos comúns do fascismo (ultranacionalismo agresivo, antiliberalismo, preeminencia do Estado fronte ao individuo…), pero dándolle especial relevancia a unha particularidade moi negativa, o racismo (tal como se aprecia no presente texto).

O éxito do nazismo en Alemaña explícase porque soubo insertarse na tradición alemá nacionalista, panxermanista e antisemita; ademais, explotou o sentimento de frustración e revancha polo desenlace da I Guerra Mundial e as imposicións do Tratado de Versalles de 1919, ademais de azuzar o medo ao “perigo comunista”. Todo isto fixo que se afiliasen ao nazismo tanto as clases medias arruindas pola crise económica, como todos aqueles cidadáns atemorizados polo avance dos socialistas e dos comunistas.

O nazismo divídese en dúas etapas, correspondéndose a primeira aos anos anteriores ao acceso de Hitler ao poder, en 1933, e a segunda, dende dita data ata o estoupido da II Guerra Mundial (1939), permanecendo Alemaña baixo o terror nazi durante todo o conflito, ata 1945, levándose a cabo os peores crimes deste movemento, tanto dentro como fóra do país ao longo da contenda.

As orixes do nazismo están nos movementos do extremismo nacionalista, xurdidos despois de finalizada a Gran Guerra. A un destes grupúsculos (que ata 1929 foi de pequeno tamaño), afiliouse o xove Hitler, convertíntose pronto no xefe do Partido nazi. A crise de 1929 e os seus efectos en Alemaña explican os grandes progresos do partido nazi. A súa alianza cos partidos de dereita permitíu que fora a forza máis votada em 1932. Hitler foi nomeado chanceler en coalición cos partidos conservadores a principios de 1933. Inmediatamente abandonou o marco democrático e conseguíu plenos poderes, creando unha policía política, disolvendo os sindicatos e os partidos e establecendo en poucos meses unha férrea ditadura.

O triunfo de Hitler debe entenderse no contexto da Alemaña de comezos dos anos trinta, cando o país atravesaba unha situación crítica e moitos alemáns viron en Hitler a un patriota sinceiro, garante da orde pública, que podía liberar a Alemaña da humillación e da miseria, e recuperar a economía. Hitler tivo a habilidade de levar a cabo o seu programa de forma progresiva e en parte de forma secreta.

Implantouse un Estado fortemente centralizado, no cal o Partido desempeñaba um papel fundamentalmente de control. As organizacións nazis multiplicáronse e afectaron a todas as esferas da vida social, controlando o país por completo. Outros dos elementos de apoio ao nazismo foron o terror policíaco e a propaganda obsesiva. Toda oposición foi violentamente silenciada.

-Análise do texto: importancia do “Mein Kampf”

Como antes comentamos, este libro foi escrito por Hitler no cárcere, durante a súa condea tralo frustrado golpe de Munich en 1923, sendo rematado e publicado trala súa excarcelación ao ano seguinte. O libro perfila as ideas principais que o réxime nazi levaría a cabo ao chegar ao poder case dez anos despois.

A maior especificidade do nazismo respeto aos demais fascismos atópase no racismo. O inimigo por antonomasia da raza superior, a aria (“xermanos puros”), era o pobo xudeu. Para Hitler, a raza era o elemento fundamental da historia. A mestura de razas conducía a decadencia. A misión do Estado nazi era purificar a raza alemá. Os xudeus non só eran unha “raza inferior”, senón a “antirraza”, o elemento dirixente do capitalismo e do comunismo mundial.

Nos fragmentos presentes recóllese a tese nazi do “perigo xudeu”, afirmando que existía unha conspiración xudía para facerse co liderazgo mundial, un complot que tiña como obxectivo controlar o sistema económico capitalista e a prensa e os medios de comunicación (segundo parágrafo). Hitler consideraba ao xudaísmo unha ameaza tan grave como o comunismo, e prometía “erradicar ditos males”.

Fronte á ameaza do “xudaísmo internacional”, Hitler buscaba como obxectivo fundamental do Estado nazi a consecución da “unidade racial” e a defensa da “pureza da raza aria”  (primeiro parágrafo do documento). Había que eliminar aos inimigos de Alemaña, especialmente aos xudeus, considerados como unha raza inferior, segundo o seu pensamento fortemente antisemita. Por outra banda, a “raza aria” era a única representativa, segundo Hitler, do auténtico e non contaminado cidadán alemán. Ademais, Hitler, aspiraba a unir a todos os alemáns e pobos xermánicos nunha Grande Alemaña, dotada dun “espazo vital”, que asegurase o desenvolvemento da raza aria.

En canto ao último parágrafo do texto, Hitler amosa un dos puntos básicos da ideoloxía fascista en xeral: o rexeitamento do sistema parlamentario liberal. No fragmento correspondente, está claro que Hitler nega os principios do liberalismo, como a igualdade dos cidadáns ou o sufraxio universal. O nazismo defendía, pola contra, un Estado totalitario, que controlase todos os ámbitos da vida, baseado nun sistema ditatorial de partido único, cun líder carismático e, polo tanto, “sen necesidade” de levar a cabo eleccións como nas democracias tradicionais. Está claro o rexeitamento, non só ao sufraxio, senón tamén ao principio esencial de igualdade entre as persoas (elemento que outra vez entronca co antisemitismo comentado liñas arriba).­

-Conclusión:

A partires de 1933, Hitler implantaría progresivamente a ditadura en Alemaña, procedendo a construír o “novo Estado”. Suprimíronse os dereitos e liberdades dos cidadáns, e a República pasou a transformarse nun Estado totalitario. Ao mesmo tempo, o Terceiro Reich buscou asegurar a supremacía racial, o que afectou gravemente á comunidade xudía de Alemaña. Neste sentido, impulsáronse ata 1938 unha serie de medidas lexislativas que despoxaron aos xudeus dos seus dereitos e parte das súas propiedades, o que culminou coas chamadas Leis de Nuremberg de 1935 (que excluían aos xudeus da cidadanía alemá e prohibían os matrimonios mixtos). O antisemitismo fíxose máis violento dende 1938, coa chamada “Noite dos cristais rotos”, empezando pouco despois o traslado de milleiros de xudeus aos primeiros campos de concentración.

As mesmas ideas racistas empuxaron a Hitler a unha política exterior agresiva baseada na Gran Alemaña e no “espazo vital” ou expansión territorial cara o leste de Europa. A concreción na práctica de tales ideas foi o elemento básico que conduciu ao estoupido da Segunda Guerra Mundial, directamente relacionada coas políticas e feitos levados a cabo pola política de Hitler. Estas ideas, desgraciadamente, culmirarían no holocausto xudeu durante a IIGM, xa que em 1942 Hitler ordenou a “Solución Final” (o programa de eliminación total da poboación xudía em Europa nos campos de traballo e exterminio nazis). O antisemitismo de Hitler causaría uns 6 millóns de víctimas durante a guerra mundial.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s