TEMA 8. “Propostas de traballo sobre as civilizacións fluviais: Exipto e Mesopotamia”

1º ESO. GUIÓN-PROPOSTA DE TRABALLO: “As civilizacións fluviais”

Recorda como puntos básicos:

-A presentación do traballo, que debe constar de PORTADA orixinal (título do traballo; nome, apelidos e curso e grupo do autor, e un debuxo ou foto relacionado co tema); ÍNDICE; CONTIDOS RELATIVOS ás cuestións indicadas, e BIBLIOGRAFÍA (fontes manexadas para a realización deste traballo: enciclopedias, libros, páxinas web….).

-É aconsellable acompañar no posible o traballo de imaxes (mapas, planos, fotos, retratos, etc)

-Unha vez contestadas as cuestión, enviar o traballo a: afachadoestevez@gmail.com (ou ben entregalo ao profesor na clase). O prazo de entrega é de UNHA SEMANA a partires da entrega ao alumno da ficha de traballo.

-Despois de ser corrixido, deberás facer unha breve exposición ou comentario do teu traballo na clase ante os demais compañeiros.

-VALORARASE: traballos cohesionados e uniformes (nada de “copiar e pegar”), boa calidade de imaxes, correcta selección dos datos, presentación axeitada e ortografía correcta.

Propostas de traballo (escoller unha delas e seguir as pautas correspondentes)

  • “A escritura xeroglífica exipcia e a cuneiforme mesopotámica”: orixes históricas, significado dos seus símbolos, finalidades das mesmas, soportes físicos (sobre que se escribía), quen a utilizaba, cando e como se descifraron….
  • “As momias exipcias”: orixe e finalidades da momificación, proceso e técnicas de momificación, sentido relixioso, deuses e divindades relacionadas con este feito, historia dalgunhas momias célebres do Antigo Exipto, pegada das momias na cultura popular (películas, comics, publicidade, novelas, videoxogos….)
  • “Monarcas  e faraóns célebres do Antigo Exipto”:  podes escoller entre personaxes como Amenofis III, Akenatón, Tutankamon, Ramsés II ou Cleopatra, ou ben facer unha minibiografía de cada un deles.
  • “A relixión no Antigo Exipto”: crenzas principais; deuses e deusas destacados;  rituais e formas de culto; os sacerdotes; os templos; a vida despois da morte….
  • “A arte exipcia”: principais trazos da arquitectura, da escultura e da pintura, con exemplos coñecidos de obras de arte ou monumentos.
  • “Pobos que dominaron mesopotamia: sumerios, acadios, asirios, babilonios, persas….” ou escoller un deles
  • “A arte mesopotámica”
  • A ciencia e a tecnoloxía en Mesopotamia e Exipto: inventos, descubrimentos, máquinas…
  • A guerra en Exipto e Mesopotamia: armas, técnicas de combate, fortificacións…
  • “Novelas e películas sobre Exipto e Mesopotamia”
  • “Publicidade”: podes deseñar un anuncio ou spot inspirado nas civilizacións fluviais, ou buscar anuncios actuais inspirados na civilización exipcia e mesopotámica. audio, vídeo, tríptico sobre un aspecto típico da cultura exipcia ou mesopotámica : un novo modelo de carro de guerra, vivenda típica, promoción dunha pirámide….(teletienda, a modo de anuncio)
  • A pegada das civilizacións fluviais na nosa cultura: arte, videoclips musicais, portadas, comics, anuncios publicitarios, xoguetes, videoxogos….
  • Recreación fotográfica da civilización exipcia a través de Playmobil.
Advertisements
Esta entrada foi publicada en 1º ESO CIENCIAS SOCIAIS. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s