TEMA 9. OS FASCISMOS: “Vocabulario histórico sobre os fascismos”

VOCABULARIO E PERSONAXES HISTÓRICOS. A CRISE DA DEMOCRACIA E OS FASCISMOS

  • Ditadura:

caos

Réximepolítico que se instala e mantén pola forza, e caracterizado pola supresión das liberdades e dereitos e o recurso á violencia para intimidar ou eliminar calqueira tipo de oposición. O poder concéntrase nunha persoa, grupo ou institución, que busca perpetuarse naquel, apoiándose nun partido único, na propaganda e na policía política.

  • Antisemitismo:

estrella_identificatoria_jude

Hostilidade ou odio cara as minorías xudías, con raíces en varios países europeos nos séculos XVIII e XIX. Do tradicional odio aos hebreos por cuestións relixiosas e culturais, no século XX pasaríase nos réximes fascistas á súa discriminación, persecución e, finalmente, exterminio no chamado Holocausto.

  • Paramilitares:

Flores1

Dise de certas organizacións civís con estrutura ou disciplina de tipo militar (uniformes, mandos, armamento).

  • Camisas Negras:

Marcha_Fascista_La_Plata_Argentina

Militantes armados ou escuadristas,  organizados polos xefes locais fascistas. Distinguíanse polo seu inconfundible uniforme de camisa negra.

  • Marcha sobre Roma”:

marcha-sobre-roma

Mobilización dos seguidores de Mussolini no mes de outubro de 1922, ameazando con ocupar a capital italiana. O líder fascista dirixiuse a esta con 25.000 camisas negras e realizaron un desfile polas rúas romanas, co fin de que Mussolini conseguira do rei de Italia o acceso ao goberno ese mesmo ano.

  • Espartaquistas:

AlzadosEspartaquistas_

Grupo minoritario do Partido Socialdemócrata Alemán partidario da revolución. En 1919 constituíron o Partido Comunista Alemán (KPD) e levantáronse para instaurar unha República Socialista como a dos bolxeviques.

  • SA:

horstwessel

Sturmabteilung ou Seccións de Asalto. Organización paramilitar nazi cuxos membros se distinguían polo seu uniforme pardo (Camisas Pardas) e polo brazalete co símbolo da esvástica ou cruz gamada.

  • SS:

lah_1

Schutz Staffeln ou Escuadras de Protección . Fundadas en 1925 como garda persoal de Hitler. En 1929, Himmler foi nomeado o seu xefe e transformounas no corpo de élite do nacionalsocialismo. Constituíron unha caste privilexiada ligada estreitamente por xuramento a Hitler e Himmler.  Na IIGM, combatiron como unidades independentes do exército e administraron os campos de exterminio.

  • Leis de Nuremberg:

Imagen11

Leis antisemitas promulgadas na cidade alemá de Nuremberg en setembro de 1935, durante o congreso do partido nazi. Privaban aos xudeus dos dereitos cívicos, prohibían os matrimonios mixtos e as relacións sexuais entre xudeus e alemáns.

  • Corporativismo (páxina 270):

743_001

réxime económico e social baseado nas organización profesionais corporativas. O Estado controla e domina as organización de obreiros, empresarios e profesionais, como vía de superación da loita de clases. O triunfo das fórmulas corporativistas implica a ilegalización dos restantes partidos e sindicatos libres. Este sistema alcanzou o seu máximo desenvolvemento na Italia de Mussolini.

  • Autarquía

berlin1939%20(3)

Termo económico que define á política encamiñada ó autoabastecemento dunha nación, excluíndo a importación de mercancías. Foi utilizado polos réximes fascistas e pola dictadura franquista durante a posguerra.

-Benito Mussolini:

mussolini-image004

(1883-1945) Político italiano fundador do fascismo ocupou o poder en 1922, instaurando paulatinamente unha ditadura persoal. Levou a cabo unha política exterior expansionista, aliándose con Hitler e formando o Eixe coa Alemaña nazi. Aliada desta durante a IIGM, Mussolini foi apresado e fusilado por partisáns no mes de abril de 1945.

Adolf Hitler:

HITLER-1

(1889-1945) Político alemán de orixe austríaca e principal dirixente do Partido Nacionalsocialista dos Traballadores Alemáns (Nazi). Implantou unha ditadura despiadada trala súa chegada ao poder en 1933. dirixiu unha política exterior expansionista e agresiva, que culminou no estoupido da II Guerra Mundial. O seu feroz antisemitismo desencadeou o xenocidio de 6 millóns de xudeus.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s