CC SS, Xeografía e Historia 3º ESO “Ficha de traballo sobre as grandes crises económicas”

GUIÓN-PROPOSTA DE TRABALLO: “As grandes crises económicas do sistema capitalista”.

Recorda como puntos básicos:

-A presentación do traballo, que debe constar de PORTADA orixinal (título do traballo; nome, apelidos e curso e grupo do autor, e un debuxo ou foto relacionado co tema); ÍNDICE; CONTIDOS RELATIVOS ás cuestións indicadas, e BIBLIOGRAFÍA (fontes manexadas para a realización deste traballo: enciclopedias, libros, páxinas web….).

-É aconsellable acompañar no posible o traballo de imaxes (mapas, planos, fotos, retratos, etc)

-Unha vez contestadas as cuestión, enviar o traballo a: afachadoestevez@gmail.com (ou ben entregalo ao profesor na clase). O prazo de entrega é de UNHA SEMANA a partires da entrega ao alumno da ficha de traballo.

-Despois de ser corrixido, deberás facer unha breve exposición (menos de 10 minutos) ou comentario do teu traballo na clase ante os demais compañeiros.

-VALORARASE: traballos cohesionados e uniformes (nada de “copiar e pegar”), boa calidade de imaxes, correcta selección dos datos, presentación axeitada e ortografía correcta.

Puntos básicos e de interese sobre o teu traballo de investigación:

-Debes centrarte, evidentemente, nas crises de 1929 e a Gran Depresión; a crise do Petróleo de 1973 e a crise actual (iniciada no 2007)

  • Causas e factores de cada unha das crises sinaladas.
  • Detonante ou motivo principal que levou ao desencadeamento de cada unha delas.
  • Consecuencias de cada crise: repercusións financeiras, sectores económicos afectados, nivel de desemprego ocasionado, efectos nos intercambios comerciais….
  • Medidas que se tomaron en cada caso para resolver a crise e evitar outras de semellante natureza.
Advertisements
Estas entrada foi publicada en 3º ESO CIENCIAS SOCIAIS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s