TEMA 7. A REVOLUCIÓN RUSA E A URSS: “Vocabulario e personaxes históricos”

VOCABULARIO E PERSONAXES HISTÓRICOS. A REVOLUCIÓN RUSA E A URSS

  • Bolxeviques: En ruso o termo significa “maioritarios” (en oposición aos menxeviques ou “minoritarios”), e designaba aos seguidores de Lenin no Partido Socialdemócrata Ruso. Pasou a ser sinónimo de comunista ruso.
  • Palacio de Inverno: Residencia dos tsares rusos en San Petersburgo durante os meses fríos.
  • Soviet: Palabra rusa que significa asemblea ou Consello. Estaban formados por traballadores, soldados e estudantes dunha localidade e convertéronse nos organismos claves da Revolución Rusa.
  • Burocratización: Aumento excesivo das funcións da administración estatal e do corpo de funcionarios.
  • Politburó ou buró político: Oficina política do comité central. Órgano de dirección e de autoridade máxima do Partido Comunista da URSS.
  • Gulag: Sistema de campos de prisioneiros da URSS, especialmente en Siberia.
  • Purgas: Campañas de encarceramento e asasinato de opositores políticos.
  • Koljov ou kolkhoz: Granxa colectiva na que a propiedade da terra lle pertencía ao Estado. A maquinaria, os edificios de almacenamento e a producción eran propiedade do koljov.
  • Sovjov ou sovhoz: Granxa de grande extensión, propiedade do Estado e administrada por empregados estatais.
  • NEP: Nova Política Económica. Medidas económicas acordadas polo goberno de Lenin en 1921 e que estiveron vixentes ata 1927. Tolerou unha certa liberdade de comercio e a creación de pequena e medianas empresas, o que provocou unha mellora da situación  económica trala guerra civil rusa.

-Nicolás II Romanov: Último zar de Rusia, que reinou entre 1894 e 1917. De ideas absolutistas, negouse reiteradamente a introducir cambios liberais no país. A represión que seguiu á R10622738_1489846907938701_7691308933559992731_nevolución de 1905 e as derrotas sufridas por Rusia na I Guerra Mundial desprestixiaron a súa figura. Foi obrigado a abdicar pola Revolución de febreiro de 1917 e executado xunto á súa familia por orde dos bolxeviques en 1918. Os seus restos foron atopados hai poucos anos e enterrados en San Petersburgo.

Lenin: (1870-1924)

Avogado e líder revolucionario ruso.

10151282_10154001945700403_683184077707990941_nDirixente do sector bolxevique do partido marxista, liderou a revolución de outubro de 1917 tras regresar do exilio. Despois de facerse co poder en Rusia, fundou a III Internacional, creou a URSS en 1922 y foi o seu máximo gobernante ata a súa morte.

Stalin:

(“home de aceiro”): Máximo dirixente da URSS trala morte de Lenin. Membro destacado do partido bolxevique desde a súa xuventude, desempeñou postos importantes a partir da Revolución de outubro de 1917. Trala súa subida ó poder en 1924, eliminou ós seus adversarios mediante unha serie de “purgas”, logrando un poder indiscutido (“o zar vermello”) que lle permitiu instaurar unha férrea dictadura persoal ata a súa morte en 1953. Na súa honra a actual cidade de Volgogrado recibiu o nome de Stalingrado.

-Trotsky:

DIBUJO~1Dirixente revolucionario ruso que destacara xa na Revolución de 1905. Gran organizador, tivo un papel importante no triunfo da Revolución de Outubro, xa que presidía o Soviet de San Petersburgo. Ocupou distintos postos de responsabilidade nos gobernos de Lenin. Creou o Exército Roxo ou FF.AA. da URSS en plena guerra civil. Á morte de Lenin, enfrontado a Stalin, foi expulsado do partido e da URSS. Foi asasinado por un comunista español en México en 1940, segundo ordes do mesmo Stalin.

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s