TEMA 6. A I GUERRA MUNDIAL: “Mapa de Europa trala IGM” (Comentario)

Comentar un mapa histórico: Europa trala IGM

 

O comentario dun mapa divídese en tres partes: introducción, o comentario propiamente dito e a conclusión.

  1. 1.       Introducción: explica brevemente o momento histórico que representa o mapa (entre 1919 e pouco antes do estoupido da II Guerra Mundial)
  2. 2.       Comentario ou explicación do mapa. Esta é a parte máis importante. Debes explicar o tema sobre o que trata o mapa. Neste sentido, ao ser o resultado dos tratados de paz despois da IGM, resume brevemente a importancia da Primeira Guerra Mundial, centrándote nas repercusións territoriais que tivo o final da Gran Guerra no mapa político Europeo. Recorda que ademais dos tratados de paz, as fronteiras tamén cambiaron como resultado doutros feitos importantes como a Revolución Rusa.

É importante que vaias relacionando toda esa información coas fronteiras representadas no mapa (Estados que desapareceron, Estados novos, cambios nas fronteiras…)

  1. 3.       Conclusión: debes facer unha valoración xeral da información que nos ofrece o mapa. ¿Houbo outros cambios nas fronteiras europeas con posterioridade?  ¿cando e como resultado de que feitos? ¿Qué conclusións sacas dos réximes políticos que existían na Europa de Entreguerras?

Comenta nun folio aparte o seguinte mapa: explica os principais cambios territoriais e políticos entre o mapa europeo de finais do s. XIX e o de 1920 (novas fronteiras, novos países, distintos réximes políticos, etc). Por último, indica cales son as principais diferenzas entre o mapa presente e o mapa europeo do 2010.Image

Advertisements
Esta entrada foi publicada en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s