CC SS 3º ESO “Traballo sobre a industria do ocio na España actual”

GUIÓN-PROPOSTA DE TRABALLO: “A industria do ocio na España do século XXI”.

Recorda como puntos básicos:

-A presentación do traballo, que debe constar de PORTADA orixinal (título do traballo; nome, apelidos e curso e grupo do autor, e un debuxo ou foto relacionado co tema); ÍNDICE; CONTIDOS RELATIVOS ás cuestións indicadas, e BIBLIOGRAFÍA (fontes manexadas para a realización deste traballo: enciclopedias, libros, páxinas web….).

-É aconsellable acompañar no posible o traballo de imaxes (mapas, planos, fotos, retratos, etc)

-Unha vez contestadas as cuestión, enviar o traballo a: afachadoestevez@gmail.com (ou ben entregalo ao profesor na clase). O prazo de entrega é de UNHA SEMANA a partires da entrega ao alumno da ficha de traballo.

-Despois de ser corrixido, deberás facer unha breve exposición (menos de 10 minutos) ou comentario do teu traballo na clase ante os demais compañeiros.

-VALORARASE: traballos cohesionados e uniformes (nada de “copiar e pegar”), boa calidade de imaxes, correcta selección dos datos, presentación axeitada e ortografía correcta.

Puntos básicos e de interese sobre o teu traballo de investigación:

-Podes plantexar o teu traballo buscando información acerca do peso económico e da importancia a nivel de creación de empregos destes apartados (ou se son demasiados, escoller un par deles)

  • O mundo editorial (xornais, revistas, libros e outras publicacións)
  • O peso económico da hostelería e restauración.
  • Actividades relacionadas co turismo.(axencias, tour operadores, campings, transporte…)
  • A aportación do cine.
  • Radio e televisión.
  • Actividades teatrais e outros espectáculos (musicais)
  • Actividades relacionadas cos deportes.
  • Outros (feiras, exposicións….)

 

Exposición oral do traballo na clase:

 

  • DESENVOLTURA NA EXPOSICIÓN: atraer a atención do “público”, ser dinámico falando, crear un posible debate (contestar ás cuestión que poidar plantexarse por parte dos compañeiros), incluír anécdotas no posible para amenizar o tema, etc. Podes utilizar imaxes e outros recursos….
Advertisements
Estas entrada foi publicada en 3º ESO CIENCIAS SOCIAIS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s