CCSS Xeografía e Historia . 3º ESO. Proposta de traballo. “Evolución histórica da poboación en España”.

GUIÓN-PROPOSTA DE TRABALLO: “Evolución da poboación española ao longo da historia”.

Recorda como puntos básicos:

-A presentación do traballo, que debe constar de PORTADA orixinal (título do traballo; nome, apelidos e curso e grupo do autor, e un debuxo ou foto relacionado co tema); ÍNDICE; CONTIDOS RELATIVOS ás cuestións indicadas, e BIBLIOGRAFÍA (fontes manexadas para a realización deste traballo: enciclopedias, libros, páxinas web….).

-É aconsellable acompañar no posible o traballo de imaxes (mapas, planos, fotos, retratos, etc)

-Unha vez contestadas as cuestión, enviar o traballo a: afachadoestevez@gmail.com (ou ben entregalo ao profesor na clase). O prazo de entrega é de UNHA SEMANA a partires da entrega ao alumno da ficha de traballo.

-Despois de ser corrixido, deberás facer unha breve exposición (menos de 10 minutos) ou comentario do teu traballo na clase ante os demais compañeiros.

-VALORARASE: traballos cohesionados e uniformes (nada de “copiar e pegar”), boa calidade de imaxes, correcta selección dos datos, presentación axeitada e ortografía correcta.

Puntos básicos e de interese sobre o teu traballo de investigación:

-Podes plantexar o teu traballo segundo estas premisas:

  • Diferenciar entre a poboación española na etapa precensal (ciclo demográfico antigo) e os estudos censais sobre a poboación a partir do século XIX.
  • Poboación precensal: Prehistoria, Historia Antiga, Idade Media e Idade Moderna. Trazos básicos do ciclo demográfico antigo. Principais causas de mortalidade e das crises demográficas catastróficas (referencia importante ás epidemias e andazos máis destacados). Movementos migratorios (invasións doutros pobos) máis coñecidos. O peso e o impacto demográfico da emigración cara América tralo Descubrimento. Características do poboamento e do proceso de urbanización. Aludir aos primeiros recontos de poboación (catastros, censos….) do século XVIII
  • Evolución moderna da poboación española (desde o XVIII ata o XXI). Os primeiros censos oficiais e fiables. A poboación española no XIX. A transición demográfica e a entrada no ciclo demográfico moderno. Trazos básicos da poboación española no século XXI.

 

Exposición oral do traballo na clase:

 

  • DESENVOLTURA NA EXPOSICIÓN: atraer a atención do “público”, ser dinámico falando, crear un posible debate (contestar ás cuestión que poidar plantexarse por parte dos compañeiros), incluír anécdotas no posible para amenizar o tema, etc. Podes utilizar imaxes e outros recursos….
Advertisements
Estas entrada foi publicada en 3º ESO CIENCIAS SOCIAIS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s