TEMA 6. A I GUERRA MUNDIAL: ” Vocabulario e personaxes históricos da IGM”

VOCABULARIO E PERSONAXES HISTÓRICOS. A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL.

 

  • Armisticio:  Acordo militar e diplomático ou suspensión dos combates entre as forzas ou exércitos que loitan nunha guerra para organiza-las condicións do cese de hostilidades (non é a paz, senón un “alto o fogo ou cese de hostilidades” para preparar un posible tratado de paz). Aplicouse este nome ó acordo firmado  polos Imperios Centrais (que combatiron do lado de Alemaña) cos Aliados, poñendo fin á Primeira Guerra mundial no outono de 1918.
  • Weltpolitik: Termo  (“política mundial”) co cal o káiser Guillerme II de Alemaña expresou o propósito de que o seu país adquirise o rango dunha gran potencia mundial, reivindicando a igualdade de condicións co resto das potencias imperialistas.
  • Guerras balcánicas: refírese aos dous conflictos nos que participaron distintos países daquela zona (Bulgaria, Serbia, Grecia, o Imperio Otomano), en 1912 e 1913, provocadas a raíz do derrubamento do Imperio turco. Supuxeron o reparto dos territorios europeos  controlados polos turcos, sendo a gran beneficiada Serbia, e, indirectamente, Rusia.
  • Estratexia e táctica: bases programáticas de todas as guerras. A primeira planifica as campañas e batallas para derrotar ao inimigo, e a segunda ocúpase dos aspectos prácticos no desenvolvemento dos combates (intendencia, transporte, armamento….)
  • Racionamento. Distribución e repartición ordenada de alimentos entre a poboación por parte do Estado para facer fronte á escaseza
  • Diktat: Palabra alemá que significa Dictado ou imposición (aplicouse ao Tratado de Versalles),e que sería amplamente utilizada pola propaganda dos nazis para rexeitar a política dos vencedores de 1919 en relación a Alemaña.
  • Mandato: Colonias alemás e territorios de Oriente Medio baixo dominio turco que, a raíz dos tratados de paz de 1919-1920, pasaron a estar baixo a tutela da Sociedade de Nacións, pero en realidade foron controlados por Reino Unido e Francia.
  • Débeda pública: Emisión de obrigacións por parte dun Estado para afrontar os seus gastos.

Wodroow Wilson: Presidente dos EEUU polo Partido Demócrata, entre 1913 e 1921. Mantivo ao seu país neutral ao comezar a IGM, pero provendo aos Aliados de armamento e financiación. Declaroulle a guerra a Alemaña en 1917 pola campaña submariña daquela. Antes do remate da guerra, propuxo os chamados “14 puntos” para unha paz xusta e duradeira. Impulsou a creación da SDN y recibiu o Premio Nóbel da Paz en 1919.

Georges Clemenceau:  Político francés que foi primeiro ministro a finais da IGM. Mantivo posicións esixintes con respecto á derrotada Alemaña na Conferencia de Paz de París.

Guillerme II de Alemaña:  Segundo rei de Último káiser alemán, entre 1888 e 1918. Modernizou as forzas armadas do seu país. A súa actitude intransixente e expansionista levou a diferentes roces con Francia, Inglaterra e Rusia. Ó principio da IGM dirixiría os exércitos alemáns. Despois da derrota alemana, abdicou e exiliouse en Holanda.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s