TEMA 5. COLONIALISMO E IMPERIALISMO: “Para saber máis do tema”

PROPOSTA DE TRABALLOS PARA 1º BACH (Colonialismo e imperialismo):

Os traballos son individuais ou en parella e voluntarios. Poden tratar feitos, obras ou personaxes que non estean incluidos no presente listado. Se te animas a facer unha breve presentación oral ou con power point do teu traballo na clase, podes pedir unha ficha sobre o tema a preparar.

MONOGRAFÍAS E BIOGRAFÍAS (TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN):

  • Os grandes exploradores do s. XIX: Richard Burton, David Livingstone, Henry Stanley, Mungo Park.
  • Centrarse  nun dos grandes imperios coloniais: o Imperio Británico ou o Imperio Francés (historia, evolución, conquistas, guerras, colonias….).
  • As tropas e os soldados coloniais: cipaios,  espahis, a lexión estranxeira francesa, os gurkas….
  • Conflitos relacionados co imperialismo colonial: as guerras Boers; a rebelión dos cipaios; as guerras zulúes; as guerras do opio; as campañas españolas no norte de Marrocos; a guerra ruso-xaponesa; a guerra hispano-norteamericana de 1898; a guerra no Sudán (a rebelión do Mahdi); a rebelión dos bóxers…
  • Os grandes canais: Suez e Panamá.

 

TRABALLOS SOBRE OBRAS LITERARIAS RELACIONADAS:

  • Calquera das novelas típicas da época, correspondentes á chamada literatura de viaxes, que se puxeron de moda entre o público do s. XIX. Por exemplo, autores como Emilio Salgari (“Sandokán”), ou Xulio Verne (“Miguel Strogoff”, “Aventuras de tres rusos e tres ingleses no África Austral”, “Cinco semanas en globo”….).
  • “As minas do rei Salomón” H. Rider Haggard.
  • “Memorias de África” Isak Denisen.
  • “Lord Jim”; “O corazón das tebras” Joseph Conrad.
  • “O negreiro de Zanzíbar” Louis Garneray.
  • “Kim da India” Rudyard Kipling.

 

 

 

 

 

TRABALLOS SOBRE PELÍCULAS HISTÓRICAS:

  • “Khartum”, “Las Cuatro Plumas” (distintas versión), “El último samurái”, “Amanecer Zulú”, “El hombre que pudo reinar”, “Zulú”, “Memorias de África”, “La guerra del opio”, “55 días en Pekín”, “Las montañas de la luna”, “Bailando con lobos”, “La conquista del Oeste”……
Advertisements
Estas entrada foi publicada en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s