TEMA 5. COLONIALISMO E IMPERIALISMO: “Actividades de repaso”

1º Bacharelato 1314 ACTIVIDADES DE REPASO: TEMA 5 Imperialismo e colonialismo

 

  1.     Páxinas 142-144.  Define metrópole, colonia, colonialismo e imperialismo.
  2.     Páxinas 142. Cales eran os principais tipos de colonias?  En que se diferenciaban unhas das outras?
  3.      Páxinas 144. Entre que datas se formaron os imperios colonias da principais potencias capitalistas europeas?  Con que outro feito histórico, estudado na anterior avaliación, coincide?  Cres que é casualidade?
  4.      Páxinas 144-153. Identifica as principais causas e factores da expansión colonial. Explica a importancia dos factores económicos, os factores político-ideolóxicos e os factores demográficos e sociais.
  5.     Páxinas 155-156. Consulta a táboa dos imperios colonias cara 1914. Cales eran as principais metrópoles?  Cal delas tiña colonias en tódolos continentes? Que territorios coloniais posuía nesa data España?
  6.     Páxinas 154-155. Que importancia tivo a Conferencia de Berlín de 1885?  Quen participou?  Que acordos se tomaron?
  7.     Páxinas 157-161. Precisa as zonas de influencia (continentes, áreas, rexións…) das principais potencias colonizadoras.
  8.    Observa o mapa colonial da páxina 160. Enumera os distitnos territorios colonizados coas súas respectivas metrópoles. Quedaron territorios sen colonizar ou independentes en África?
  9.     Páxina 162. Identifica e comenta as consecuencias, tanto positivas como negativas da colonización nos países dominados.
  10.   Documentos 23 e 24. Comenta o papel da fronteira na sociedade norteamericana. Como se coñece na cultura popular (literatura, cine, videoxogos…) este feito histórico?
  11.   Documento 26. En que consistía a idea do “Destino Manifesto”?
  12.   Documento 25 e 28. Cal é a idea central da doutrina Monroe?  En que consistíu a modificación feita a aquela de Theodor Roosevelt?
  13.  Páxinas 166-167. En que consistíu a diplomacia do gran garrote ou big stick?  Que peculiaridades presentaba a expansión imperialista dos EE.UU a comezos do século XX con respecto ás potencias coloniais europeas?
  14.   Páxinas 167-170. Que importancia tivo a Revolución Meiji en Xapón?
  15.   Páxinas 167-170. Sinala as zonas de influencia colonial xaponesa e indica, en cada caso, con que países tivo que enfrontarse.
  16.   Páxinas 172-173. Cales foron os principais enfrontamentos ou crises de carácter colonial?
  17.   Indica nos seguintes casos de países independentes na actualidade, a qué potencia estiveron sometidas durante o seu pasado colonial: Canadá, Marrocos, Exipto, Libia, Namibia, India, Cuba, República Democrática do Congo, Australia, Vietnam, Pakistán e Sudáfrica.
  18.   Averigua se no presente (2013) quedan territorios coloniais o sen descolonizar no mundo.
  19.   A nivel de cultura popular, infórmate da herdanza máis pintoresca deixada polas antigas potencias coloniais ou que influíron nos novos costumes doutros continentes: idiomas oficiais ou cooficiais, deportes coñecidos, costume de conducir pola esquerda, estrutura militar, etc.
  20.  Páxinas 171-172. Que motivos de enfrontamento había entre Francia e Alemaña antes da I Guerra Mundial?
  21.   Por último, que películas históricas relacionarías co tema estudado?  Coñeces algunha delas?

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s