CIENCIAS SOCIAIS 1º ESO. TEMAS 3-4. Traballo sobre os desertos do Mundo.

1º ESO. GUIÓN-PROPOSTA DE TRABALLO: “Os desertos”

Recorda como puntos básicos:

-A presentación do traballo, que debe constar de PORTADA orixinal (título do traballo; nome, apelidos e curso e grupo do autor, e un debuxo ou foto relacionado co tema); ÍNDICE; CONTIDOS RELATIVOS ás cuestións indicadas, e BIBLIOGRAFÍA (fontes manexadas para a realización deste traballo: enciclopedias, libros, páxinas web….).

-É aconsellable acompañar no posible o traballo de imaxes (mapas, planos, fotos, retratos, etc)

-Unha vez contestadas as cuestión, enviar o traballo a: afachadoestevez@gmail.com (ou ben entregalo ao profesor na clase). O prazo de entrega é de UNHA SEMANA a partires da entrega ao alumno da ficha de traballo.

-Despois de ser corrixido, deberás facer unha breve exposición ou comentario do teu traballo na clase ante os demais compañeiros.

-VALORARASE: traballos cohesionados e uniformes (nada de “copiar e pegar”), boa calidade de imaxes, correcta selección dos datos, presentación axeitada e ortografía correcta.

-O traballo sumará ata un máximo de UN PUNTO na nota final da primeira avaliación.

Puntos básicos e de interese sobre o teu traballo de investigación:

-Definición de deserto como paisaxe característica.

-Mapamundi localizando os principais desertos da Terra.

-Tipos de desertos

-Grandes desertos do Mundo (extensión, países comprendidos, fauna e flora, presenza humana, recursos económicos, importancia histórica)

-A presenza do deserto na cultura popular (películas, libros, series, etc, relacionados con este tipo de paisaxe).

 

Exposición oral do traballo na clase:

 

  • DESENVOLTURA NA EXPOSICIÓN: atraer a atención do “público”, ser dinámico falando, crear un posible debate (contestar ás cuestión que poidar plantexarse por parte dos compañeiros), incluír anécdotas no posible para amenizar o tema, etc. Podes utilizar imaxes e outros recursos….
Advertisements
Esta entrada foi publicada en 1º ESO CIENCIAS SOCIAIS. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s