Enlace á páxina web fachado.wordpress.com

Se tes problemas para acceder a dita páxina, proba dende este enlace:

http://fachado.wordpress.com

Advertisements
Publicado en Sin categoría | Deixar un comentario

TEMAS 10-11. ROMA: “Viva Roma nº V”

Disfruta deste simpático vídeo sobre a cultura romana e logo contesta ás cuestións relacionadas coa letra traducida que tes na parte inferior:

“I, II, III, IV, V…

Las legiones romanas tocan a tu puerta y no puedes esconderte

no puedes escapar de la nueva sociedad y de la nueva cultura

(Los romanos) asimilan todo lo que tienes, como un buitre hambriento.

Amaban todo lo que era griego; usaron el hormigón,  construyendo ancho y profundo.

Hicieron puentes, calzadas, estatuas muy reales y con todo detalle, no como los idealistas de los griegos.

¿Lo sabías?  Cuando construían usaban los arcos, las bóvedas y las cúpulas, para construir a lo grande, porque Roma es grande.

Las leyes romanas,  el código de justicia. Podéis confiar, es la Era de Augusto

Algo de poesía con Virgilio, su famoso poema titulado “La Eneida”. Su tema iba un poquito sobre el deber, y su sueño era la fidelidad a Roma.

Otro poeta fue Horacio, su amigo, que escribió sobre la codicia y las debilidades humanas.

El historiador Tito Livio se estrenó con su “Historia de Roma”, pero no todo lo que cuenta es verdad.

En cuanto a los dioses romanos, sabes que les hicieron un “guiño” a los griegos, porque lo único que cambiaron los romanos fueron sus nombres.

Un emperador podía ser divinizado, tener su propio templo y su propio altar.

En cambio, si eras un esclavo, tenías que portarte bien y no montar follón, como ese pesado de Espartaco.

Durante los siglos II y III d.d. C, los romanos mostraron su maestría en ingeniería.

A los romanos les gustaba usar la toga y la capa, que copiaron de la tradición del pueblo etrusco.

Los acueductos llevan el agua corriente, y los ciudadanos van corriendo a la arena, buscando un poco de descanso después de tanto estrés, preocupados solo por el “Panem et Circenses”

El paterfamilias era el jefe en la casa, se ocupaba de pagar el coste de la educación de los hijos. Custodiaba a sus hijas como un sabueso, hasta que cumpliesen 14 años y encontrasen un marido. 

Los ricos vivían en las villae, divirtiéndose en las afueras, en el campo, bajo el sol.

Los pobres vivían apiñados bajo un mismo techo, en las insulae, que no se construían a prueba de fuego.

Caput mundi.

El senado estaba controlado por la burguesía.

El gobierno, las leyes y el estilo de vida de los romanos todavía tienen impacto en nuestras vidas actualmente”.

CUESTIÓNS:

-Que eran as lexións romanas?  De cantos soldados se compoñía, normalmente, unha lexión?

-Como di a canción, os romanos eran como “buitres hambrientos” que asimilaban todo o que vían. A que dúas culturas anteriores a eles lles deben os romanos moitos dos seus trazos?

-Os romanos chamábanos “opus caementicium”. Que novo e revolucionario material de construcción empregaron e como se chama?  Que vantaxes trouxo para a arquitectura dito material construtivo?

-Na letra aparecen tres elementos construtivos usados polos romanos na súa arquitectura. Averigua de quen os copiaron e con que materiais os puideron construír.

-Ao longo da canción, faise referencia a distintos tipos de monumentos e construcións da arte romana. Localízaas e busca un exemplo coñecido de cada un deles.

-Segundo a canción, cales serían as diferenzas básicas entre a arte grega e a arte romana?

-Leis e códigos….aínda que che sorprenda, o estudo do Dereito Romano é moi importante no século XXI.  Quen e para que o estuda na actualidade?

No vídeo fálase da “Era de Augusto”: busca información sobre Octavio Augusto e explica, brevemente, a súa importancia histórica (cando gobernou en Roma, que fixo durante o seu mandato, etc)

-Na letra faise referencia a dous poetas e a un historiador, coas súas obras correspondentes. Identifícaos:

-Por que di a letra que os romanos se limitaron a cambiar os nomes dos deuses gregos?  Pon varios exemplos disto:

-Cal foi o primeiro emperador divinizado?  Que problemas traería no futuro para os seguidores doutras relixións este feito?

-Busca información sobre Espartaco e explica quen foi.

-Anota exemplos da enxeñería civil ou militar romana que coñezas.

-Que era a toga?

-Que sentido ten a expresión latina “Panem et Circenses”?   E “Caput Mundi”?:

-Que era el paterfamilias?:

-Cando di a letra que os romanos corrían á “arena”, a que se refire?

-Que diferencia había entre unha villae e unha insulae?

-Que funcións tiña o Senado romano?

-Por último, en que aspectos da nosa vida actual está presente a influencia da civilización romana?  Que che chamou a atención e descoñecías da cultura dos romanos?

Publicado en 1º ESO CIENCIAS SOCIAIS | Deixar un comentario

TEMAS 11-12-13. A GUERRA FRÍA E A DESCOLONIZACIÓN. O MUNDO ENTRE 1945 E 1990: Ficha de traballo da película “Good bye, Lenin”

Good bye Lenin curso 2015

Publicado en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA | Deixar un comentario

TEMAS 8-9-10-11 (XEOGRAFÍA): Indicacións e orientacións para preparar o exame.

Recorda que os contidos a estudar para o exame correspóndense cos  Temas 8,9,10 e 11 do teu libro de texto

 

A proba escrita consiste nos seguintes apartados:

  1. Definición de conceptos: esperanza de vida, réxime demográfico, éxodo rural, movemento pendular, ACNUR, megalópole
  2. Citar os principais tipos de fontes demográficas (páxina 171)
  3. Identificar unha serie de fórmulas que sirven para o estudo da demografía (densidade de poboación, a taxa de nataldade, a taxa de mortalidade, saldo migratorio, crecemento real…)
  4. Explicar a diferenza entre o crecemento natural ou vexetativo (páxina 177) e o crecemento real (páxina 191).
  5. Diferenza entre poboación activa e poboación inactiva (181)
  6. Indicar os tres sectores económicos da poboación dun país e exemplos de actividades ou profesionais de cada un deles
  7. Identificar os tres tipos de pirámides de poboación e comentar cada un dos casos segundo a información das páxinas 180-181.
  8. Diferenza entre emigrante, exiliado e refuxiado (páxina 190)
  9. Indicar os tipos e subtipos de planos urbanos (páxinas 210-211)
  10. Anotar algunhas das función urbanas común e específicas. Exemplos concretos (páxina 216)
  11. Exercizo de verdadeiro-falso: no caso dos enunciados erróneos, debes indicar a información correcta.
  12. Desenvolver por escrito un tema: repasa “A distribución da poboación mundial” (páxinas 172-175) ou “España: de país de emigrantes a receptor de inmigración” (páxinas 196-197). Un deles caerá no exame.
Publicado en 2º ESO CIENCIAS SOCIAIS | Deixar un comentario

TEMAS 11-12-13. A GUERRA FRÍA E A DESCOLONIZACIÓN. O MUNDO ENTRE 1945 E 1990: Comentario e análise do mapa da descolonización.

Comentar un mapa histórico: A Descolonización

O comentario dun mapa divídese en tres partes: introducción, o comentario propiamente dito e a conclusión.

  1. Introducción: explica brevemente o momento histórico que representa o mapa (o proceso descolonizador)
  2. Comentario ou explicación do mapa. Esta é a parte máis importante. Debes explicar o tema sobre o que trata o mapa. Neste sentido, debes falar dos factores e causas da Descolonización, os territorios afectados, as fases, os conflitos, as consecuencias deste feito histórico….

É importante que vaias relacionando toda esa información cos datos reflictidos  no mapa.

  1. Conclusión: debes facer unha valoración xeral da información que nos ofrece o mapa.

Imagen1

Proposta solucionada a modo de exemplo orientativo:

INTRODUCCIÓN:

O presente mapa amosa África, o sur de Asia e parte de Oceanía, reflictindo o proceso de descolonización dos antigos imperios coloniais europeos e outros territorios dependentes do antigo Imperio Otomán (Próximo Oriente) ou pertencentes aos EE.UU (Filipinas).

Nesta zona do mundo foi onde se concentrou a acción do colonialismo, sobre todo europeo, da segunda metade do século XIX, e onde, polo tanto, se levou a cabo a descolonización.

A descolonización levouse a cabo, fundamentalmente, entre o final da IIGM (1945) e 1975, permitindo o acceso á independencia da gran maioría das antigas colonias. A descolonización é un dos grandes acontecementos históricos do século XX, e o actual mapa mundial é en gran medida froito dela.

 

COMENTARIO:

O mapa representa as etapas e a localización da descolonización. Deste documento despréndese que aquela levouse a cabo con gran rapidez, xa que en apenas vinte anos a maioría dos territorios coloniais acadaron a independencia. Estes países constitúen hoxe a maior parte do territorio e da poboación mundial. Tamén pode observarse que a emancipación produciuse antes e máis rápidamente en Asia que en África.

O antecedente histórico máis inmediato da descolonización foi a desintegración do Imperio Turco trala Gran Guerra: os territorios musulmáns como Iraq, Exipto, Iemen, Palestina, Siria, Xordania ou Líbano acadaron a independencia, aínda que baixo a forma de mandatos (coa tutela das administración británica e francesa), non logrando unha independencia total ata despois da Segunda Guerra Mundial.

Por outra banda, xa antes da II Guerra Mundial xurdiran movementos nacionalistas que promoverán a protesta contra a ocupación e dominio coloniais, e contra a explotación económica por parte das metrópoles.

Entre os principais factores da descolonización debemos recordar os seguintes:

  • O debilitamento das potencias coloniais e a fin da hexemonía europea trala IIGM.
  • A aparición da Guerra Fría e os intentos de expansión das áreas de influencia dos EE.UU e da URSS. Hai que ter en conta a tradicional actitude anticolonialista das dúas superpotencias (valores democráticos no caso norteamericano e o carácter antiimperialista do marxismo-leninismo no caso ruso)
  • O recoñecemento do dereito de autodeterminación por parte da ONU (todo pobo tiña dereito a desenvolver un goberno propio)
  • O xurdimento dunha conciencia de identidade nacional nos pobos colonizados, o que motivou a reclamación de dereitos democráticos (liberdade, soberanía, independencia…)
  • A solidariedade e apoio á descolonización de todos os pobos que seguíu á Conferencia de Bandung de 1955.

Así pois, a Segunda Guerra Mundial favoreceu a auxe do independentismo ante as dificultades que atravesaban as metrópoles (Reino Unido, Francia, Bélxica, Holanda…). Nese contexto, ademais, crecía a opinión mundial contra o colonialismo (ONU, as dúas grandes superpotencias do mundo bipolar, intelectuais, relixiosos….)

Moitos dos movementos de liberación estiveron dirixidos por líderes formados nas metrópoles, como o hindú Gandhi ou o vietnamita Ho Chi Minh. Para acadar a independencia algúns destes movementos tomaron a vía pacífica (India) e outras a revolucionaria, en forma de actividade guerrilleira ou empregando o terrorismo contra os europeos (guerra de Alxeria, guerra de Indochina….).

En xeral, pode decirse que mentres o goberno británico optou por unha saída negociada, flexible e non violenta (o que explica, por exemplo, a fundación en anos posteriores da chamada Commonwealth ou comunidade de territorios antigamente colonizados polos ingleses); pola contra Francia (guerras de Indochina e Alxeria), Holanda (guerra en Indonesia) e Portugal (guerras en Angola e Mozambique) resistíronse a conceder nun principio a independencia ás súas coloniais, o que derivou en moitos dos conflitos sanguentos xa comentados anteriormente.

No presente mapa apréciase que eran moi poucos os países desta parte do planeta non sometidos ás metrópoles (Exipto, Etiopía, Irán, Afganistán, China, Tailandia…). O resto desta inmensa zona atravesou distintas etapas desde o dominio colonial ata a liberación, o que se pode observar nas lendas e datas do documento.

Dentro do proceso descolonizador poden distinguirse varias fases:

-A xa comentada con respecto á desparición do dominio otomán e que afectou, fundamentalmente, á rexión do Próximo Oriente.

-A desenvolvida entre 1945-1955:  esta etapa abrangue desde os anos inmediatamente posteriores á IIGM ata a Conferencia de Bandung. Obsérvase que esta etapa afectou, sobre todo a Asia, continente que se adiantou apreciablemente a África. Nesta etapa prácticamente liquidouse o imperio colonial en Asia (India, Pakistán, Birmania, Sri Lanka no subcontinente hindú, cara 1947-48, e Irak e Palestina no Próximo Oriente), do holandés (Indonesia, en 1949), do norteamericano (Filipinas, 1946) e dos territorios conquistados por Xapón desde finais do XIX (Corea, Manchuria, Taiwán…), así como do imperio francés  no Próximo Oriente (Siria e Líbano).

Polo xeral, todos estes países independizáronse de forma pacífica mediante acordos coa metrópole, agás Indonesia, que o fixo tras unha longa guerra de guerrillas contra os holandeses (guerra de liberación nacional, como vese no mapa co símbolo correspondente). No caso de Filipinas tamén houbo actividade armada antes de conseguir a independencia. A India aparece no documento sinalada non tanto pola violencia (recordamos a campaña pro independencia do pacifista Gandhi), senón pola violencia desatada entre hindúes e musulmáns trala partición da antiga colonia británica en dous Estados distintos.

-A etapa entre 1955 e 1970: precisamente, en 1955, celebrouse a importante Conferencia de Bandung, onde, entre outros temas, países recentemente independizados, rexeitaron o colonialismo e reclamaron o dereito dos territorios aínda sometidos a acadar a independencia plena. Durante este período, prácticamente finalizou a descolonización asiática, coa desaparición do imperio francés de Indochina (tras un longo e sangriento conflito coñecido como a primeira guerra do Vietnam, entre 1945 e 1954); os británicos concederon a independencia a  Malaisia  (na que houbo unha importante actividade guerrilleira comunista) e Borneo. Pero, sobre todo, accederon á independencia a maior parte dos países do Magreb, no norte de África (Marrocos, Tunisia, Alxeria, Libia…) e do África negra ou subsahariana (Ghana, Nixeria, Kenya, Chad, Sudán, Congo…..). Vemos no mapa que moitos destes procesos independentistas lográronse despois de longos e cruentos conflitos, destacando, especialmente, a chamada guerra de Alxeria (FNLA contra o exército francés, recoñecendo Francia a independencia de Alxeria no ano 1962)

-De 1970 á actualidade produciríanse as independencias das últimas colonias. Son destacables os casos das derradeiras colonias españolas (Guinea Ecuatorial e o Sáhara, este último ocupado na actualidade por Marrocos), as portuguesas (Angola e Mozambique, que tras 1975 veríanse inmersas en conflitos internos, loitas de faccións guerrilleiras e intervencións estranxeiras polos intereses da Guerra Fría), Namibia (ocupada polos sudafricanos ata os anos 90), e outros territorios menores (as cidades de Hong Kong e de Macao, por exemplo, devoltas a China a finais do século XX). Casos especiais, non relativos á independencia senón á vergonza de manter réximes de apartheid ou segregación racial, foron os de Zimbaue e Sudáfrica (este último, ata 1994), polo que durante anos non tiveron relacións diplomáticas normais polo boicot da comunidade internacional.

CONCLUSIÓN:

A descolonización xerou unha nova situación do mapa mundial. Os novos países conseguiron a soberanía e a independencia plena, pero, na maior parte dos casos, trala descolonización pasaron a formar parte do Terceiro Mundo. Neste sentido, moitos son estados cunha grande inestabilidade política, relacionada coas fronteiras artificiais coas que naceron (división dunha mesma etnia separada entre varios países, mestura de etnias enfrontadas no novo estado, orixinándose conflitos e guerras que continúan na actualidade); o neocolonialismo e a dependencia económica cara ás antigas metrópoles, o que explica o subdesenvolvemento e atraso económico xeral  e as enormes bolsas de pobreza (a pesar, das grandes riquezas naturais de moitos dos novos países), e a falta de tradición democrática (co xurdimento de réximes autoritarios ou democracias moi febles, xa que o poder político adoita a estar en mans dunha minoría corrupta e que non fai nada por aminorar as grandes desigualdades sociais e económicas nos seus países, o que explica os frecuentes golpes de Estado, guerras civís, eleccións pouco limpas, etc).

En definitiva, un feito histórico que axuda a explicar moitos dos fenómenos e feitos culturais, económicos, políticos, estratéxicos do mundo actual nesas zonas do planeta.

 

Publicado en 1º BACHARELATO HISTORIA CONTEMPORÁNEA | Deixar un comentario

TEMAS 10-11. ROMA: “Indicacións e orientacións para preparar o exame”

Recorda que os contidos a estudar para o exame correspóndense cos Temas 10 e 11 do teu libro de texto.

A proba escrita consiste nos seguintes apartados:

  1. Definición de conceptos (están no teu libro ou foron traballados na clase): guerras púnicas, cónsul, SPQR, Octavio Augusto, pobos bárbaros, Foro, anfiteatro….
  2. Preguntas curtas e respostas curtas (repasade as fichas de actividades dos temas que traballamos na clase)
  3. Completar un texto con ocos (repasa o esquema da antiga Roma).
  4. Unir con frechas conceptos clave.
  5. Desenvolver por escrito un pequeno tema a modo de redacción. O tema sairá da seguinte lista que debes preparar e repasar na casa (recomendable, que fagas unha redacción ou apuntes, a partires do libro ou doutras fontes de información, para estudalo axeitadamente): “Crise e fin do imperio romano” (páxinas 202-203), “Achegas culturais e artísticas da civilización romana” (páxinas 220-223)
  6. Analizar e comentar imaxes de tipo histórico ou artístico dos temas estudados.
Publicado en 1º ESO CIENCIAS SOCIAIS | Deixar un comentario

TEMAS 10-11. ROMA: “Actividades e cuestións de repaso do tema”

  1. Segundo a lenda, quen e cando fundou Roma? Según a arqueoloxía e a historia, cando foi fundada a cidade e por quen?
  2. En que dous grupos se dividía a sociedade romana durante a monarquía?
  3. Que significan as siglas SPQR? Cita aos principais maxistrados da república romana. Que maxistratura presidía a república?
  4. Que potencias se enfrontaron nas guerras púnicas? Como remataron?
  5. De onde procede o nome de Gallaecia?
  6. Con que emperador acadou o imperio romano a súa máxima extensión?
  7. Cita 5 países do norte de África, 5 países europeos e 5 do leste de Asia que formaron parte no seu día do Imperio romano.
  8. Cal era a unidade militar básica do exército romano? Cantos soldados a compoñían?
  9. Cales foron os tres emperadores que intentaron tomar medidas para evitar a fin do imperio romano?
  10. Cando rematou o imperio romano de occidente? Que ocorreu co imperio romano de oriente?  Como pasou a ser coñecido este último ata 1453?
  11. Que tipo de espectáculos tiñan lugar no Circo romano? E no anfiteatro?
  12. Averigua como se chamaban na época romana as actuais cidades de: Lugo, Mérida, Zaragoza, Barcelona, Tarragona, Sevilla e Toledo.
  13. Que tipo de plano empregaron os romanos nas cidades?
  14. Que construcción levantaban os romanos para conmemorar os seus triunfos militares? E para o abastecemento das cidades e a comunicación entre elas?
  15. Cal era a orixe dos escravos? Que era un liberto?
  16. Cita dous productos agrarios, dous gandeiros, dous artesanais e dous mineiros importantes para a economía romana?
  17. Que eran os augures? E os deuses lares?
  18. Que emperador permitiu aos cristiáns practicar a súa relixión libremente? E cal declarou o cristianismo como a relixión oficial do imperio romano?
  19. Indica cales foron as principais achegas culturais dos romanos á nosa civilización.
  20. Nomea dous edificios e dúas esculturas romanas célebres. Que é un mosaico? En que se diferenza dunha pintura?
  21. Que metais foron os máis explotados polos romanos na antiga Gallaecia?
Publicado en 1º ESO CIENCIAS SOCIAIS | Deixar un comentario